Astérix e os pictos[1] (en francés: Astérix chez les Pictes) é o trixésimo quinto volume da serie de banda deseñada Astérix, sendo o primeiro libro da serie que non foi creado nin por René Goscinny nin por Albert Uderzo.[2][3] Foi escrito por Jean-Yves Ferri e ilustrado por Didier Conrad. A historia leva a Astérix e a Obélix alén do Canal da Mancha até Escocia, onde coñecen os pictos. Esta é a segunda viaxe do dúo ás illas Británicas, despois de visitar os britanos en Astérix en Britania (1965).
Foi publicado simultaneamente en todo o mundo en vinte e tres linguas o 24 de outubro de 2013, entre elas o escocés e, por primeira vez, o scots.[4] Foi traducido ó galego por Xavier Senín e Isabel Soto e publicado por Edicións Xerais en 2013.[1][5]
Sinopse
A historia ten lugar no mes de febreiro, coa aldea gala nevada: Astérix e Obélix atopan un iceberg cun home encadeado dentro do xeo (en homenaxe ó filme Hibernatus, con Louis de Funès). Despois de desconxelalo, o forasteiro —de nome Mac Oloch e semellante a outro personaxe de Uderzo e Goscinny, Oumpah-Pah–[6] cóntalles ós galos do seu clan Loch and Loll e de como o ruín Mac Abeh secuestrou a súa muller, Camomilla.[7] Por mor diso, os galos acompáñano a Caledonia para axudar ós clans pictos contra o exército romano de Xulio César.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Álbums | |
---|
Outros libros | |
---|
Filmes | |
---|
Series de televisión | |
---|
Videoxogos | |
---|
Personaxes | |
---|