Assassin's Creed: Brotherhood

Assassin's Creed: Brotherhood
Desenvolvedor(es)Ubisoft Montreal
Distribuidora(s)Ubisoft
Director(es)Patrice Désilets (antes de xuño do 2010), Patrick Plourde (despois de xuño do 2010)
Produtor(es)Sébastien Puel, Jade Raymond (Produtor Executivo)
Deseñador(es)Patrice Désilets (Director Creativo)
Escritor(es)Jeffrey Yohalem
Corey May (Historia)
Artista(s)Mohamed Gambouz
Compositor(es)Jesper Kyd
MotorAnvil
XéneroAcción-aventura, Sixilo, en terceira persoa
Modos de xogoUn xogador, Multixogador
ClasificaciónBBFC=15, CERO=Z, ESRB=M, OFLCA=MA, OFLCZ=R16, PEGI=18, USK=16
Plataforma(s)PlayStation 3, Windows, Xbox 360, Steam OS, macOS
Formato(s)DVD, Blu-Ray
SerieAssassin's Creed
Na rede
Web oficial
IMDB: tt1699759 Discogs: 344618 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Assassin's Creed: Brotherhood, é un videoxogo de acción, aventura e sixilo de ficción histórica, desenvolvido por Ubisoft Montreal.[1] O xogo foi lanzado a nivel mundial para PlayStation 3 e Xbox 360, comezando en América do Norte o 16 de novembro de 2010. Máis tarde foi lanzado para Microsoft Windows en marzo de 2011, seguido por unha versión para macOS en maio de 2011.

É a terceira entrega da serie de Assassin's Creed e o segundo episodio ou secuela de Assassin's Creed II. Conta novamente con Ezio Auditore como protagonista, quen agora é un lendario Mestre Asasino, que lidera ao seu recente fundada irmandade na cazaría dos Templarios en Roma. A historia de Assassin's Creed: Brotherhood ten lugar inmediatamente despois da trama de Assassin's Creed II, co asasino do século XVI en Italia, Ezio Auditore e a súa busca para restaurar a orde dos asasinos e destruír aos seus inimigos: a familia Borgia. Cruzándose con estes feitos históricos, suceden as actividades de hoxe en día do protagonista da serie Desmond Miles, que revive os recordos do seu antepasado Ezio para atopar unha maneira de loitar contra os inimigos dos Asasinos, os templarios, e para evitar a apocalipse de 2012.

Assassin's Creed: Brotherhood baséase nun mundo aberto presentado dende a perspectiva en terceira persoa cun enfoque principal en usar as habilidades de combate e de sixilo de Ezio e Desmond para eliminar os brancos e explorar o medio. Ezio é capaz de explorar libremente a Roma do século XVI para completar misións secundarias fóra da trama principal. O xogo introduce un compoñente multixogador á serie, presentado como un programa de adestramento dos Templarios.

O xogo recibiu eloxios dos críticos, xunto con múltiples premios, incluíndo un premio BAFTA ao Mellor Xogo de Acción. En novembro de 2011, lanzouse Assassin's Creed: Revelations, secuela directa deste Assassin's Creed: Brotherhood e terceiro e último episodio da historia de Ezio Auditore.

Argumento

Despois de escapar do ataque dos Templarios ao final de Assassin's Creed II. Desmond Miles, Lucy Stillman, Rebecca Crane e Shaun Hastings foxen a Monteriggioni, establecendo un novo agocho nas ruínas da Vila Auditore. Despois de restaurar a electricidade nos vellos túneles baixo a vila, o xogador unha vez máis toma o control de Ezio Auditore a través da memoria xenética de Desmond Miles usando o Animus 2.0. A súa misión é atopar o Froito do Edén, un artefacto importante e misterioso que podería impedir o desastre inminente que está a chegar nese mesmo ano, que se cre foi perpetrado polos Templarios.

A historia de Ezio continúa en 1499, onde sae da Bóveda, confundido polo que viu no interior. Escapa de Roma co seu tío Mario Auditore e chega a Monteriggioni. Unha vez en casa, Ezio é consolado pola posibilidade de que a súa vinganza persoal rematou e que os seus días como un asasino terminaron; con todo, Nicolás Maquiavelo desafía a decisión de Ezio de deixar ao Español Rodrigo Borgia, agora o Papa Alexandre VI, vivo. Á mañá seguinte, Monteriggioni é asediada por César Borgia, fillo de Rodrigo, quen asasina a Mario, secuestra a Caterina Sforza (unha aliada que Ezio coñece en AC II) e leva o "Froito do Edén". Ezio logra escapar coa súa familia por uns pasadizos secretos que hai na vila e viaxa a Roma, o centro da Orde Templaria en Italia, unha vez máis, buscando vinganza contra os Borgia. Alí, descobre que os Asasinos están a fallar na loita contra a corrupción. Decidido a rescatar o Gremio, Ezio convence a Maquiavelo de que ten todo o necesario para reunir unha Irmandade o suficientemente poderosa como para destruír aos Templarios e o seu novo inimigo, César Borgia.

Durante o próximos catro anos, Ezio executa misións coa intención de paralizar a influencia Borgia na capital, saboteando os recursos de César e asasinando a persoas clave próximas e/ou traballando con el no proceso, e pouco a pouco vaise restaurando Roma á súa antiga gloria. Ezio convértese en líder da Orde e é ascendido ao rango de Il Mentore (en italiano, "O Mentor").

César, sabendo das accións de Ezio, enfróntase ao seu pai e desesperadamente pídelle máis diñeiro e o propio Froito, Rodrigo Borgia (o Papa) négase e tenta envelenar ao seu fillo, ao darse conta de que a ambición polo poder de César non pode ser mantida baixo control. César, con todo, dá a volta á mesa cara ó seu pai e mátao. Ezio despois de decatarse da localización do Froito, recupérao tras unha persecución e unha batalla contra os gardas no interior da Basílica de San Pedro. Ezio utilízaa para esmagar as forzas de César e retirar o apoio dos seus seguidores. Cesár é arrestado polo exército do Papa Xulio II e é levado á prisión de Viana, España.

Ezio utiliza o Froito, unha vez máis, para atopar a César, que escapa do cárcere e cercou unha pequena cidade de  Viana en Navarra,España. Nesta atópase con César nas ameas dun castelo en ruínas e loita contra el, César afirma que non pode ser matado pola man do home, polo que incita a Ezio a "deixar que o destino decida", deixándoo caer das ameas. Tras isto, Ezio regresa a Roma e esconde o "Froito" nunha cripta construída debaixo do Coliseo.

Utilizando as coordenadas tomadas dos recordos de Ezio, Desmond, Lucy, Shaun e Rebecca viaxan ao templo, coa intención de utilizar o "Froito" para localizar o resto dos templos para esconder as outras Pezas do Edén das mans dos templarios. Mentres Desmond entra no templo, é enfrontado por aparicións holográficas dun ser chamado Juno, que parece ser da mesma raza que Minerva; con todo, nin Lucy, Shaun ou Rebecca pódena ver ou oír. A maioría dos seus comentarios céntranse na falta de coñecemento da humanidade. Afirma que a humanidade é "inocente e ignorante"; que as persoas non naceron para ser sabias, recibindo tan só cinco do seis sentidos: vista, olfacto, gusto, tacto e oído, pero carecendo de coñecementos. A súa carencia de coidado logo diminúe a medida que de súpeto anóxase, gritando "'Temos que deixarvos como erades!"

Mentres Desmond achégase ao Froito e tócao, ao tempo conxélase arredor del, aínda que pode moverse e falar. Juno enigmáticamente dille a Desmond que descende da súa raza e do seu inimigo, e que hai unha muller que se supón que o acompaña a través "da entrada", pero ela non está con el. Ela toma o control do corpo de Desmond e obrígalle a apuñalar a Lucy no abdome. Ambos caen ao chan, Lucy, aparentemente morta e Desmond entrando en estado de coma. Nos créditos, pódese oír a dous homes, un deles o pai de Desmond, discutir sobre se deben poñer a Desmond de novo no Animus.

Sistema de xogo

Assassin's Creed: Brotherhood é un videoxogo de acción-aventura en terceira persoa cuxa énfase principal é o sistema de xogo ao estilo sandbox nun mundo aberto na antiga cidade de Roma. Como nos títulos anteriores, a mecánica principal do xogo está baseada en movementos de parkour, sixilo, axilidade, estratexia, loitas, esgrima, agochos (fardos de heno, follas, bancos, mesturarse coa multitude), asasinatos e un sistema de pelexa corpo a corpo. O sistema de combate presenta múltiples mellorías e por primeira vez na serie, o xogo ofrece un modo multixogador xunto con máis de 15 horas de modo dun só xogador.[2]

O xogo introduce un novo sistema de xestión: o xogador pode recrutar novos membros destruíndo as 15 "torres Borgia" en Roma, onde as tropas papais atópanse estacionadas, e logo rescatando cidadáns descontentos polo acoso dos gardas. O xogador, como Ezio, pode envialos a múltiples tarefas por toda Europa ou chamalos como apoio durante misións (se non están ocupados antes). Colocar tarefas aos novos asasinos fanos gañar puntos de experiencia, e o xogador pode personalizar a súa aparencia, habilidades e adestramento con armas ata certo grao, consumindo os puntos de habilidade que eles gañaron. Os asasinos poden morrer en misións, das cales non regresarán. Ezio domina novos dispositivos como o paracaídas de Leonardo da Vinci, o cal pode ser usado para saltar de edificacións altas, xunto aos dardos venenosos, un veleno de máis rápida acción, unha ballesta e a habilidade para blandir e lanzar armas máis pesadas como machadas.[2]

A contorna principal é Roma, que caeu na ruína debido á regra corrupta do papado de Borgia e dos templarios nos Estados Pontificios e a concentración de toda a riqueza no Vaticano. Do mesmo xeito que a cidade de Monteriggioni en Assassin's Creed II, o xogador é capaz de investir na cidade e ser testemuña do seu desenvolvemento e desbloquear recompensas.[3] O xogador ten que conquistar e destruír torres Borgia para liberar zonas da cidade da influencia da familia.[2] Ao completar isto desbloquéanse novas misións e oportunidades. Roma é a cidade máis grande creada na serie despois das dúas primeiras entregas (Roma é tres veces máis grande que Florencia de Assassin's Creed II), e inclúe cinco distritos variados: Vaticano, Centro, Trastevere, Campagna e Antico.[2] A diferenza das entregas anteriores, as viaxes entre diferentes cidades ou rexións xa non está presente, xa que a maioría da acción no xogo lévase a cabo arredor da cidade de Roma. En lugar diso, unha rede de túneles na cidade permite ao xogador viaxar a diferentes sectores da cidade con facilidade. Con todo os xogadores poden explorar toda a cidade de Roma, visitar o porto de Nápoles, unha parte de Navarra, España, e Monteriggioni na actualidade.

O sistema de combate foi modificado. Atacar primeiro e accións ofensivas son máis mortais en Brotherhood que nos xogos anteriores onde os contraataques eran os máis eficientes. Antes disto pasaba, que o xogador esperase ata que a IA atacara, o cal retardaba o ritmo da loita. A IA neste xogo é por tanto máis agresiva e pode atacar a inimigos de forma simultánea. Para derrotalos, Ezio pode utilizar a pelexa corpo a corpo e armas de longo alcance ao mesmo tempo, así como introducir o canón oculto no combate. Despois de matar a un inimigo, o xogador pode iniciar un momento de execucións para despachar a varios inimigos rapidamente. Ezio pode lanzar armas pesadas (machadas, lanzas e espadas) aos seus inimigos. Hai novos inimigos, ademais das que se observan en Assassin's Creed II como xinetes, arcabuceiros, gardas papais e outros.

Os cabalos xogan un papel máis importante en Brotherhood, non só utilízanse como un medio de transporte (dentro da cidade por primeira vez), senón como un compoñente de secuencias acrobáticas e de combate avanzado tamén, permitindo armas de longo alcance ser utilizadas ao montalos. Brotherhood tamén introduce varios tipos de asasinatos relacionados con cabalos. Hai obxectos ambientais como a maceta colgante en Assassin's Creed II para moverse máis rápido dentro da cidade (un sistema de túneles arredor da cidade permite viaxar rápido), así como novos obxectos como ascensores de mercadoría para rubir edificios ou estruturas altas rapidamente.[4]

A diferenza de entregas anteriores, Desmond pode saír do Animus case a calquera momento. Isto permite a Desmond explorar a cidade actual de Monteriggioni. Ao xogador tamén se lle ofrece adestramento virtual, un minixogo onde o xogador pode probar as súas habilidades de free running e de combate.

Desenvolvemento

Assassin's Creed: Brotherhood foi desenvolvido por Ubisoft Montreal. Montreal tamén traballou en dous dos outros xogos principais da serie Assassin's Creed e por tanto foi elixido para dirixir a produción da terceira entrega. En novo episodio de Assassin's Creed con multixogador foi anunciado durante 2009, os resultados do terceiro cuarto fiscal de Ubisoft, sen revelar o seu nome. A principios de maio de 2010, un empregado de GameStop publicou en Internet algunhas imaxes dunha caixa co título Assassin's Creed: Brotherhood mentres que Ubisoft estaba a promocionar o xogo en Facebook e Twitter. Ubisoft logo confirmou a autenticidade destas imaxes.[5] Brotherhood non foi numerado a diferenza de Assassins Creed II, porque os xogadores, e mesmo os propios desenvolvedores esperarían un novo escenario e un novo antecesor mentres que este é só a continuación da historia de Ezio.[6]

O xogo foi desenvolvido principalmente por Ubisoft Montreal no Canadá. A produción foi axudada en parte por outros catro desenvolvedores de Ubisoft: Annecy, Singapura, Bucarest e Québec. O modo multixogador foi desenvolvido principalmente por Ubisoft Annecy, o estudo responsable de crear o modo multixogador de Tom Clancy's Splinter Cell: Chaos Theory.[7][8] Ubisoft tamén anunciou plans para contido descargable (DLC) despois do lanzamento do xogo. Dous xogos DLC gratuítos foron lanzados baixo as denominacións "Animus Project Update 1.0 DLC" e "Proxecto Animus 2.0". O primeiro inclúe o novo mapa Mont Saint-Michel e un modo novo, Alianza Avanzada. "Proxecto Animus 2.0", foi lanzado en xaneiro de 2011, tamén gratis, e inclúe outro mapa, modo e a introdución dun sistema de clasificación de xogadores.[2] Dende o punto de vista de rendemento, Ubisoft comentou que esperaban que os ocos entre as versións de PlayStation 3 e Xbox 360 serían aínda máis pequenos con Brotherhood.[9]

Aínda en desenvolvemento, o director creativo Patrice Désilets deixou antes da presentación do xogo no E3 2010. Ubisoft e o xefe de produción Jean-Francois Boivin afirmou que el só tomou unha "pausa creativa" despois de completar a súa tarefa en Brotherhood.[10] Un teaser trailer do modo multixogador foi lanzado no sitio oficial antes da E3. Un trailer debut cinematográfico foi difundido durante o E3 2010 na conferencia de prensa de Ubisoft xunto cunha proba do inicio do xogo. Assassin's Creed: Brotherhood chegou a disco de ouro o 28 de outubro de 2010.[11] A versión de Microsoft Windows ten soporte para Nvidia 3D Vision e multimonitor a través de AMD Eyefinity. Tamén utiliza protección de copia Tagès, así como plataforma de servizos en liña de Ubisoft, pero non require unha conexión a Internet sempre activa para xogar.[12] O 30 de novembro de 2010, publicouse unha novelización do xogo. A novela é unha secuela da novela anterior.

Recepción

Recepción
Puntuacións agregadas
AgregadorPuntuación
GameRankings(PS3) 90.05%[13]
(X360) 90.59%[14]
(PC) 88.40%[15]
Metacritic(PS3) 90/100[16]
(X360) 89/100[17]
(PC) 88/100[18]
Puntuacións
PublicaciónPuntuación
1UP.comA-
Edge8/10[19]
Eurogamer10/10[20]
Game Informer9.25/10
GamePro5/5 estrelas
GameSpot8.5/10
GameTrailers9/10
IGN8/10
OXM (US)8/10[21]

Assassin's Creed: Brotherhood recibiu altas puntuacións por parte dos críticos. Con máis de 90% de puntos positivos, Brotherhood gañouse a aprobación de Metacritic e GameRankings. Tamén o modo Multixogador recibiu excelentes comentarios, considerándose o mellor Multixogador en E3 2010.

A secuela de Assassin's Creed: Brotherhood, Assassin's Creed: Revelations foi lanzada en novembro de 2011. Segundo os desenvolvedores Revelations non é "Assassin's Creed 4", xa que a terceira entrega non sería protagonizada por un personaxe pre-existente.

Notas

  1. marketplace xbox. "Assassin's Creed La Hermandad". Consultado o 20 de marzo de 2014. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Gamescom 2010: 13 killer Assassin's Creed: Brotherhood facts". ComputerAndVideoGames. 18 de agosto de 2010. Consultado o 16 de outubro de 2010. 
  3. Gaskill, Jake (18 de agosto de 2010). G4tv.com, ed. "Assassin's Creed: Brotherhood for Xbox 360 - Preview". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2011. Consultado o 16 de outubro de 2010. 
  4. 1UP.com (ed.). "AC: Brotherhood Preview for PC, 360 from". Consultado o 16 de outubro de 2010. 
  5. Mike Fahey (5 de maio de 2010). "GameStop Placeholder Art Names Assassin's Creed: Brotherhood - Update". Kotaku. Consultado o 11 de xullo de 2010. 
  6. Ubisoft (16 de xuño de 2010). YouTube, ed. "Assassins Creed Brotherhood ComDev Conversation - Ubisoft E3 2010 [Europe]". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2010. Consultado o 16 de xullo de 2010. 
  7. Nz.playstation.com, ed. (21 de xullo de 2009). "PlayStation 3 News Articles: - Assassin's Creed Brotherhood announced". Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2011. Consultado o 16 de outubro de 2010. 
  8. Rob Crossley (11 de maio de 2010). develop, ed. "Five-studio brotherhood for new Assassin's Creed". Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2010. Consultado o 11 de xullo de 2010. 
  9. GamingUnion.net, ed. (2 de novembro de 2010). "Assassin's Creed: Brotherhood PS3 Performance Should Match Xbox 360". Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2010. Consultado o 2 de novembro de 2010. 
  10. David Scammell (9 de xullo de 2010). GamerZines, ed. "Assassin's Creed's Production Manager discusses Patrice Desilets' departure". Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2010. Consultado o 11 de xullo de 2010. 
  11. Joystiq.com, ed. (28 de outubro de 2010). "Assassin's Creed: Brotherhood goes gold, new trailer goes to Rome". Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2010. Consultado o 15 de novembro de 2010. 
  12. Purchese, Robert (11 de febreiro de 2011). Eurogamer, ed. "Assassin's Creed: Brotherhood PC details". Consultado o 12 de febreiro de 2011. 
  13. "Assassin's Creed: Brotherhood (PlayStation 3) reviews at". GameRankings. 19 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2018. Consultado o 19 de xuño de 2011. 
  14. "Assassin's Creed: Brotherhood (Xbox 360) reviews at". GameRankings. 19 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2018. Consultado o 19 de xuño de 2011. 
  15. "Assassin's Creed: Brotherhood (PC) reviews at". GameRankings. 19 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2018. Consultado o 19 de xuño de 2011. 
  16. "Assassin's Creed: Brotherhood (PlayStation 3) reviews at". Metacritic. 19 de xuño de 2011. Consultado o 19 de xuño de 2011. 
  17. "Assassin's Creed: Brotherhood (Xbox 360) reviews at". Metacritic. 19 de xuño de 2011. Consultado o 19 de xuño de 2011. 
  18. "Assassin's Creed: Brotherhood (PC) reviews at". Metacritic. 19 de xuño de 2011. Consultado o 19 de xuño de 2011. 
  19. "Assassin's Creed Brotherhood Review". Edge Magazine. 18 de novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2021. Consultado o 9 de abril de 2011. 
  20. Tom Bramwell (16 de novembro de 2010). "Assassin's Creed: Brotherhood Review". Eurogamer. Consultado o 9 de abril de 2011. 
  21. Channell, Mike. "Assassin's Creed: Brotherhood". Official Xbox Magazine. Consultado o 22 de xullo de 2011. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

RicoshëiBackground informationOriginLos Angeles, California, United StatesGenresElectronic, technoYears active2014 (2014)-presentLabelsPampa RecordsMembers Nikko Gibler Jake Patrick Websitewww.ricoshei.com Ricoshëi are an electronic music and production duo consisting of Nikko Gibler and Jake Patrick Cohen, originally from Los Angeles, California.[2] Musical career Ricoshëi released their debut single Perfect Like You on Dj Koze's highly acclaimed imprint Pampa Records on Vale...

 

Socratic dialogue written by Plato Part of a series onPlatonismPlato from Raphael's The School of Athens (1509 – 1511) Life Theory of forms Form of the Good Theory of soul Epistemology Political philosophy Euthyphro dilemma Demiurge Atlantis The Republic Allegory of the cave Analogy of the Sun Analogy of the divided line Philosopher king Ship of State Ring of Gyges Myth of Er The works of Plato Euthyphro Apology Crito Phaedo Cratylus Theaetetus Sophist Statesman Parmenides Philebus Symposiu...

 

هذه المقالة بحاجة لصندوق معلومات. فضلًا ساعد في تحسين هذه المقالة بإضافة صندوق معلومات مخصص إليها. يفتقر محتوى هذه المقالة إلى الاستشهاد بمصادر. فضلاً، ساهم في تطوير هذه المقالة من خلال إضافة مصادر موثوق بها. أي معلومات غير موثقة يمكن التشكيك بها وإزالتها. (أبريل 2023) أستطاق�...

Person without fixed habitat For other uses, see Nomad (disambiguation). A painting by Vincent van Gogh depicting a caravan of nomadic Roma Part of a series onEconomic, applied, and development anthropology Basic concepts Commodification Barter Debt Finance Embeddedness Reciprocity Redistribution Value Wealth Gift economy Limited good Inalienable possessions Singularization (commodity pathway) Spheres of exchange Social capital Cultural capital Provisioning systems Hunting-gathering Pastorali...

 

American TV series Marvin MarvinGenreComedy science fictionSlapstickCreated byJon RossJeff BushellStarringLucas CruikshankMim DrewVictory Van TuylJacob BertrandCamille SpirlinPat FinnCasey SanderComposerKenneth BurgomasterCountry of originUnited StatesOriginal languageEnglishNo. of seasons1No. of episodes19ProductionExecutive producersJon RossJeff BushellEvan WeissGary BinkowProducersRichard G. King (episode 1)Patty Gary-CoxDavid M. Israel (consulting producer)Steve Leff (consulting producer)...

 

この項目には、一部のコンピュータや閲覧ソフトで表示できない文字が含まれています(詳細)。 数字の大字(だいじ)は、漢数字の一種。通常用いる単純な字形の漢数字(小字)の代わりに同じ音の別の漢字を用いるものである。 概要 壱万円日本銀行券(「壱」が大字) 弐千円日本銀行券(「弐」が大字) 漢数字には「一」「二」「三」と続く小字と、「壱」「�...

Penyelidikan manipulasi suara Mnet adalah sebuah skandal acara hiburan Korea Selatan pada tahun 2019 yang melibatkan kecurangan pemilihan di banyak seri kompetisi realitas yang diproduksi dan disiarkan oleh saluran televisi Mnet. Peristiwa tersebut utamanya melibatkan seri Produce 101 dan Idol School, yang ditujukan untuk menciptakan grup-grup K-pop dengan para anggota yang dipilih lewat pemungutan suara oleh pemirsa atau penggemar. Pada Juli 2019, pada episode terakhir musim keempat seri Pro...

 

李光耀逝世及葬礼李光耀(1923年-2015年)日期2015年3月23日-2015年3月29日地点新加坡斯里淡马锡(私人守灵)新加坡国会大厦(民众瞻仰)新加坡国立大学文化中心(国葬)万礼火葬场(英语:Mandai Crematorium and Columbarium)(火葬)网站www.rememberingleekuanyew.sg 2015年3月23日凌晨3時18分(新加坡標準時間),新加坡建国后首任总理、前內閣资政和执政人民行动党首任秘书长李光�...

 

Terrorist attack in the Dogon village You can help expand this article with text translated from the corresponding article in French. (June 2019) Click [show] for important translation instructions. View a machine-translated version of the French article. Machine translation, like DeepL or Google Translate, is a useful starting point for translations, but translators must revise errors as necessary and confirm that the translation is accurate, rather than simply copy-pasting machine-tran...

American economist This biography of a living person relies too much on references to primary sources. Please help by adding secondary or tertiary sources. Contentious material about living persons that is unsourced or poorly sourced must be removed immediately, especially if potentially libelous or harmful.Find sources: John J. Siegfried – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (January 2019) (Learn how and when to remove this message) John J. Si...

 

此条目序言章节没有充分总结全文内容要点。 (2019年3月21日)请考虑扩充序言,清晰概述条目所有重點。请在条目的讨论页讨论此问题。 哈萨克斯坦總統哈薩克總統旗現任Қасым-Жомарт Кемелұлы Тоқаев卡瑟姆若马尔特·托卡耶夫自2019年3月20日在任任期7年首任努尔苏丹·纳扎尔巴耶夫设立1990年4月24日(哈薩克蘇維埃社會主義共和國總統) 哈萨克斯坦 哈萨克斯坦政府...

 

South African cricketer In this article, the surname is de Villiers, not Villiers. AB de Villiersde Villiers in 2006Personal informationFull nameAbraham Benjamin de VilliersBorn (1984-02-17) 17 February 1984 (age 40)Bela-Bela, South AfricaNicknameMr. 360, ABD, Alien, Superman[1]BattingRight-handedBowlingRight arm mediumRoleWicket-keeper-batterInternational information National sideSouth Africa (2004–2018)Test debut (cap 296)17 December 2004 v EnglandLast...

Great BritainFIBA zoneFIBA EuropeNational federationBritish BasketballU20 European ChampionshipAppearances4MedalsNoneU20 European Championship Division BAppearances11Medals Silver: 1 (2013) Bronze: 1 (2017) Home Away The Great Britain men's national under-20 basketball team is a national basketball team of Great Britain, administered by the British Basketball.[1][2] It represents the country in men's international under-20 basketball competitions. FIBA U20 European Championsh...

 

Sporting event delegationVietnam at the2009 World Championships in AthleticsWA codeVIEin BerlinCompetitors2Medals Gold 0 Silver 0 Bronze 0 Total 0 World Championships in Athletics appearances1983198719911993199519971999200120032005–200720092011201320152017201920222023← 2007 2011 → Vietnam competed at the 2009 World Championships in Athletics from 15–23 August. A team of 2 athletes was announced in preparation for the competition. Results Field events Athlete Event Qualificatio...

 

County in Michigan, United States This article is about Wexford County in Michigan. For the county in Ireland, see County Wexford. County in MichiganWexford CountyCountyWexford County Courthouse in Cadillac SealNickname: WexLocation within the U.S. state of MichiganMichigan's location within the U.S.Coordinates: 44°20′N 85°35′W / 44.34°N 85.58°W / 44.34; -85.58Country United StatesState MichiganFounded1840 (created)1869 (organized)[1][...

U.S. presidential election in Maryland Main article: 1872 United States presidential election 1872 United States presidential election in Maryland ← 1868 November 5, 1872 1876 →   Nominee Horace Greeley Ulysses S. Grant Party Liberal Republican Republican Home state New York Illinois Running mate Benjamin G. Brown Henry Wilson Electoral vote 0[a] 0 Popular vote 67,687 66,760 Percentage 50.34% 49.66% County Results Greeley   50-6...

 

Swedish middle-distance runner Andreas KramerAndreas Kramer in 2022Personal informationBorn (1997-04-13) 13 April 1997 (age 27)SportSportTrackEvent800 metresClubSävedalens AIK Medal record European Championships 2018 Berlin 800 m World Indoor Championships 2024 Glasgow 800 m Andreas Kramer (born 13 April 1997) is a Swedish middle-distance runner specialising in the 800 metres.[1] He won the silver medal at the 2018 European Championships and the silver medal at the 2024 World In...

 

  هذه المقالة عن الشريعة الإسلامية. لشريعة، طالع شريعة (توضيح). لهنا، طالع الشريعة الإسلامية (توضيح). الشريعة الإسلاميةصنف فرعي من قانون ديني — قانون[1] يمتهنه قاضي شرعي — فقيه التاريخ history of sharia (en) تعديل - تعديل مصدري - تعديل ويكي بيانات جزء من سلسلة مقالات حولالإسلا...

Kapitel der St.-Salvator-Kathedrale in Brügge Domkapitel an der Kathedral- und Domkirche zum heiligen Ägydius in Graz Das Domkapitel (von mittelhochdeutsch kapitel „Zusammenkunft“, „feierliche Versammlung“), auch als Kathedralkapitel oder Domstift bezeichnet, ist die Leitungskörperschaft einer Bischofskirche in administrativen und liturgischen Fragen.[1] Im modernen kanonischen Recht sind es die Geistlichen, zu deren Aufgaben die administrative und liturgische Leitung ...

 

阿兰·古斯Alan Guth攝於2007年出生 (1947-02-27) 1947年2月27日(77歲) 美国新澤西州布倫斯威克母校麻省理工学院知名于宇宙暴脹模型博德-古斯-維連金定理(英语:Borde–Guth–Vilenkin theorem)配偶Susan Tisch(1971年结婚)儿女2名,包括拉里·古斯(英语:Larry Guth)奖项麻省理工学院科學獎奧斯卡·克萊因獎章 (1991)富蘭克林獎章艾薩克·牛頓獎章(2009)狄拉克奖章格魯伯宇宙学獎 (2004...