Asociación Cultural Pesquedellas

Asociación Cultural Pesquedellas
Tipoasociación cultural
Data de fundación2019
SedeBetanzos
PaísGalicia
Na rede
Facebook: proxectopesquedellas Instagram: proxectopesquedellas Youtube: UCFDTgrPR19v6Y2NGWAhVY0g Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Asociación Cultural Prestadora de Servizos á Xuventude "Pesquedellas" (A.C. Pesquedellas) é unha asociación sen ánimo de lucro que busca investigar e logo divulgar a través das súas redes sociais o patrimonio inmaterial galego, tendo como vehículo transmisor a lingua galega.

Orixes e traxectoria

Esta asociación nace en Betanzos en 2019, froito da inquedanza dos seus 8 creadoras por investigar pola súa conta sobre a música e o baile tradicionais, e por extensión o patrimonio inmaterial da cultura galega. Os formantes saen da Escola Municipal de Folclore de Betanzos, máis concretamente do Grupo Azougue, onde recibiron formación en música e baile tradicionais, e onde foron desenvolvendo as súas inquedanzas sobre o patrimonio inmaterial galego, máis alá da música e do baile.

A súa andaina comeza coa creación do grupo informal "Pesquedellas", forma xurídica coa que solicitan e obteñen a subvención Iniciativa Xove[1]. Grazas a esta axuda económica, levan a cabo o primeiro traballo da organización: un documental onde se recompilou, investigou e difundiu o folclore galego.

A partir deste momento, foron moitas as actividades que foron levando a cabo. Seguiron coa parte investigadora, facendo entrevistas a diferentes personalidades do folclore galego, como a Mini, á Asociación Etnográfica Sete Espadelas, ao ferrolán José Togores Hernani, quen dedicou o seu Traballo de Fin de Máster ao Viño do País[2], a Elena Ferro e a Marías e Fredi, dous compoñentes do grupo ortigueirés Bágoa da Raíña e fundadores do Festival Internacional do Mundo Celta, entre outros.

Asemade, tamén formaron parte doutras actividades: puxeron voz ao vídeo en defensa da da cultura da Deputación da Coruña feito en 2021[3], levaron a cabo obradoiros de creación de coplas tanto en institutos como o IES As Mariñas, colexios como o CEIP San Marcos e aulas abertas de pandeireta no Espazo Xove de Betanzos[4]. En 2022 formaron parte da programación do Museo de Belas Artes para o Día Internacional dos Museos, facendo visitas guiadas musicalizadas, coa guía Sara Fraga, traballadora do museo, así como secretaria da asociación.

Na actualidade, son 4 as rapazas que conforman a A.C. Pesquedellas, que seguen cumprindo os obxectivos da asociación: investigar sobre o folclore galego e compartilo con toda a poboación a través das súas redes sociais e asentar a tradición dos Xogos Florais, recuperados pola asociación no ano 2021.

Proxectos

O documental Escoitar, aprender e compartir

Este primeiro proxecto levouse a cabo durante os meses de xullo, agosto, setembro e outubro de 2019. Durante este período, o grupo investigou en fontes escritas, púxose en contacto con persoas que se dedicaron á recollida de patrimonio inmaterial, elaborou entrevistas, recolleu patrimonio inmaterial el mesmo e levou a cabo a montaxe, mostra, corrección, proxección e difusión do documental, tanto nas súas redes sociais como de maneira física, con carteis, trípticos e reparto de CDs gravados co documental no seu interior nas diferentes proxeccións.

Os Xogos Florais

Tras a creación da asociación, a prioridade desta organización focalizouse na recuperación dos Xogos Florais, concurso poético nado en Betanzos en 1886 da man do xornal betanceiro Las Mariñas, ademais da súa actividade habitual. O obxectivo é reinstaurar esta tradición, para dar visibilidade á importancia que este evento de creación literaria tivo na vila, mais actualizándoa, e sobre todo utilizándoa como altofalante para toda a xuventude creadora en lingua galega que se atopa tanto na vila coma no país.

Ademais da parte máis poética, os Xogos Florais actualizados contan con actuacións musicais, onde se pon en valor a música e o baile tradicionais, traendo a grupos do país con diferentes interpretacións destas. Desta maneira, todos os eventos que forman os Xogos Florais, independentemente do ano, e dos cambios que poida haber, teñen en común a conexión e o fondo coñecemento das raíces galegas.

Unha fala, un cantar. Xogos Florais 0

Estes foron os primeiros Xogos Florais levados a cabo pola asociación, nas datas 18, 19, 26 e 26 de setembro de 2021. Xurdiron a modo de proba, como preparación para as edicións seguintes. O evento enfocouse directamente á xuventude e adaptouse o máximo a actualidade, promovendo o uso da lingua galega dentro da xente máis nova.

Dun xeito renovado, uniuse a poesía tradicional coas creacións máis vangardistas da xuventude galega. Os eventos incluíron a proxección do documental "Dorothé na Vila", o concerto do dúo "Casás Barcia", o espectáculo "Cóntoche un traxe", por Montse Rivera, o I Slam de Poesía, do cal nace o primeiro poemario dos Xogos Florais 0 e na última xornada, a entrega de premios dos gañadores do Slam Poético, acompañada do concerto do dúo Caamaño & Ameixeiras.

Xogos Florais 2022. Edición Antolín Faraldo

Nesta edición dedicada ao xornalista Antolín Faraldo, quen morreu moi novo, procurouse dar espazo e voz á xuventude creadora galega, pois o brigantino destaca polos seus escritos adiantados para a época. É por isto que os Xogos Florais de 2022 contaron con personalidades como "A drag Pandereteira" Meiga-i e a presentación da revista dixital A Cousa. Ademais, para enxalzar a profesión de Faraldo, celebrouse amais do Slam de Poesía, o Concurso Xornalístico Antolín Faraldo. Por último, para loar a música e o patrimonio inmaterial galegos, contouse cun desfile didáctico sobre o traxe tradicional da man do obradoiro O Sarillo[5], e as actuacións musicais de Doner e os Kebaps e o grupo A Tajea.

Notas

  1. Convocatoria de axudas creadas pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, destinada a pór en marcha proxectos creados por mozas e mozos de entre 18 e 30 anos.
  2. Conxunto de adegas atopadas na comarca de Betanzos nas que os donos venden o excedente da produción de viño anual. É tradición acudir a estes lugares a catar o viño da tempada e levar comida para compartir entre todos. Estas adegas só abren nun período concreto do ano, dende que se comeza a produción do viño e ata que este se esgota. Os establecementos que están abertos márcanse coa póla dun loureiro.https://ruc.udc.es/dspace/bitstream/handle/2183/27513/Togores_Hernani_Jose_Ramon_2020_Patrimonios_y_culturas_del_vino_en_riesgo_de_desaparicion.pdf?sequence=3
  3. https://www.youtube.com/watch?v=Kp0CdaG6QCo
  4. https://www.facebook.com/photo.php?fbid=313485990813353&set=pb.100064558637993.-2207520000&type=3
  5. Grazas á axuda de Yerai Paz, fundador de O Sarillo e investigador do traxe tradicional galego, e á colaboración co Museo das Mariñas, puideron investigarse traxes expostos dentro da Sala do Traxe do museo, e restaurar aqueles que se atopaban en peor estado.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Read other articles:

Giovanny Ayala Información personalNombre en español Giovanny Enrique Murcia Ayala Nacimiento 2 de mayo de 1976 (47 años)Granada, Meta, ColombiaNacionalidad ColombianaFamiliaHijos Sebastián Ayala, Miguel Ayala, Andrés Navarro y Luis AyalaInformación profesionalOcupación Cantante, CompositorAños activo 2004-presenteGéneros Música llanera, Música popular colombianaInstrumentos Voz, GuitarraDiscográficas Mayo Producciones, Tropisounds, Codiscos, Morena Clara[1]​Artistas re...

 

Untuk istana yang bernama sama di Malaysia, lihat Istana Negara, Jalan Duta. Istana NegaraIstana Negara ketika masih bernama Paleis te Rijswijk tahun 1925Informasi umumGaya arsitekturIndische Empire styleLokasiJalan Veteran, no. 17, Jakarta Pusat, IndonesiaMulai dibangun1796 Istana Negara merupakan Istana Kepresidenan Indonesia yang terletak di Jalan Veteran, Jakarta Pusat. Istana Negara juga terletak satu kompleks dengan Istana Merdeka yang letaknya di bagian selatan Istana ini. Dengan total...

 

American TV series or program Hidden PlacesWritten byLynn Austin (novel)Robert Tate Miller (screenplay)Directed byYelena LanskayaStarringSydney PennyShirley JonesJason GedrickTheme music composerRoger BellonCountry of originUnited StatesOriginal languageEnglishProductionProducersRobert Halmi Jr.Larry LevinsonDouglas W. DeanCinematographyJames W. WrennEditorJan PopidenRunning time120 minutesProduction companyLarry Levinson ProductionsOriginal releaseNetworkHallmark ChannelReleaseJanuary ...

French model and actress Noémie LenoirLenoir at Paris Chocolate Show in 2013Born (1979-09-19) 19 September 1979 (age 44)Les Ulis, FranceChildren2Modelling informationHeight1.77 m (5 ft 10 in)[1]Hair colourBlack[1]Eye colourGreen[1]Agency Ford Models (New York) Next Model Management (Paris) Models 1 (London) Elite Model Management (Barcelona) Model Management (Hamburg)[2] Noémie Lenoir (born 19 September 1979)[3] is a French model a...

 

Статьи о герметизмеГерметизмПантеон Гермес Трисмегист Тот Гермес Меркурий Германубис Агатодемон Амон Асклепий Исида Гор Главные книги Герметический корпус Поймандр Асклепий Изумрудная скрижаль Пикатрикс Учения и практики Алхимия Астрология Теургия Мантика Магия Си...

 

American actress and model (born 1958) Andie MacDowellMacDowell at the 2015 Cannes Film FestivalBornRosalie Anderson MacDowell (1958-04-21) April 21, 1958 (age 66)Gaffney, South Carolina, U.S.OccupationsActressmodelYears active1977–presentSpouses Paul Qualley ​ ​(m. 1986; div. 1999)​ Rhett Hartzog ​ ​(m. 2001; div. 2004)​Children3, including Rainey Qualley and Margaret QualleyRelativesJ...

Pic GaspardHighest pointElevation3,883 m (12,740 ft)Coordinates44°59′54″N 6°19′51″E / 44.99833°N 6.33083°E / 44.99833; 6.33083GeographyPic GaspardFrance LocationHautes-Alpes, FranceParent rangeMassif des ÉcrinsClimbingFirst ascent6 July 1878 by Henry Duhamel with Pierre Gaspard father and son, and Christophe RoderonEasiest routeVersant E (PD) Pic Gaspard (3,883 m) is a mountain in the French Alps, one of the tallest in the Massif d...

 

Tribal ruler in pre-Spanish Colombia TisquesusaZipa of BacatáTisquesusa depicted in 1688 on the cover of Historia general de las conquistas del Nuevo Reyno de Granada by Juan de CastellanosZipa of BacatáReign1514 – 1537PredecessorNemequeneSuccessorSagipaNephewunknownBornunknownBacatá, Muisca ConfederationDied1537Facatativá, Bacatá, Muisca ConfederationSisterUsacaIssueHama (son)Machinza (daughter)NamesTisquesusa, Thisquesuza, Thysquesuca, Thisquesusha, BogotáHouseBacatáReligionMuisca ...

 

Pour les articles homonymes, voir Ferrera (homonymie). America Ferrera America Ferrera au Festival de Cannes 2014. Données clés Nom de naissance America Georgina Ferrera Naissance 18 avril 1984 (40 ans)Los Angeles, Californie (États-Unis) Nationalité Américaine Profession ActriceProductriceRéalisatrice Films notables Quatre filles et un jeanLa guerre des pèresCadenceDragons (série de films)End of WatchBarbie Séries notables Ugly BettyThe Good WifeSuperstore modifier America Geo...

ХристианствоБиблия Ветхий Завет Новый Завет Евангелие Десять заповедей Нагорная проповедь Апокрифы Бог, Троица Бог Отец Иисус Христос Святой Дух История христианства Апостолы Хронология христианства Раннее христианство Гностическое христианство Вселенские соборы Н...

 

This article contains content that is written like an advertisement. Please help improve it by removing promotional content and inappropriate external links, and by adding encyclopedic content written from a neutral point of view. (December 2023) (Learn how and when to remove this message) British Vehicle Rental and Leasing Association (BVRLA)The BVRLA's current public-facing logoIndustryAutomotiveFounded1967HeadquartersAmersham, EnglandKey peopleGerry Keaney (Chief Executive)Nina Bell(Chairm...

 

Частина серії проФілософіяLeft to right: Plato, Kant, Nietzsche, Buddha, Confucius, AverroesПлатонКантНіцшеБуддаКонфуційАверроес Філософи Епістемологи Естетики Етики Логіки Метафізики Соціально-політичні філософи Традиції Аналітична Арістотелівська Африканська Близькосхідна іранська Буддій�...

この記事は検証可能な参考文献や出典が全く示されていないか、不十分です。出典を追加して記事の信頼性向上にご協力ください。(このテンプレートの使い方)出典検索?: 瑞牆山 – ニュース · 書籍 · スカラー · CiNii · J-STAGE · NDL · dlib.jp · ジャパンサーチ · TWL(2018年6月) 瑞牆山 標高 2,230 m所在地 日本 山梨県北杜市位置 �...

 

L'azzurro è uno smalto araldico di colore blu.[1] Nella rappresentazione monocromatica è simboleggiato da linee parallele orizzontali.[1] Malgrado il suo nome, l'azzurro araldico è ben lontano dal colore del cielo,[2] ma come deve essere per uno smalto, è un colore netto e intenso per ben distinguersi dai colori chiari dei metalli. Quando si vuole indicare il colore chiaro del cielo, si blasona campo di cielo. A causa della sua relazione con il cielo, l'azzurro sim...

 

Polish rower Marek KolbowiczKolbowicz in 2013Personal informationFull nameMarek Antoni KolbowiczBorn11 June 1971 (1971-06-11) (age 53)Szczecin, Poland Medal record Men's rowing Representing  Poland Olympic Games 2008 Beijing Quad sculls World Championships 2005 Gifu Quad sculls 2006 Eton Quad sculls 2007 Munich Quad sculls 2009 Poznan Quad sculls 2002 Seville Quad sculls 1998 Cologne Double sculls 2003 Milan Quad sculls European Championships 2010 Montemor-o-Velho Quad scu...

Empirical measure describing wind speed based on observed conditions Violent storm redirects here. For the video game, see Violent Storm. A ship in a force 12 (hurricane-force) storm at sea, the highest rated on the Beaufort scale The Beaufort scale /ˈboʊfərt/ is an empirical measure that relates wind speed to observed conditions at sea or on land. Its full name is the Beaufort wind force scale. History The scale that carries Beaufort's name had a long and complex evolution from the previo...

 

温得和克首都温得和克 圖章温得和克納米比亞的位置坐标:22°34′12″S 17°05′01″E / 22.57°S 17.0836°E / -22.57; 17.0836國家 纳米比亚納米比亞行政區劃霍馬斯區建立於1890年10月18日政府 • 市長Agnes Kafula[1] • 副市長Muezee Kazapua[1]面积 • 总计249 平方英里(645 平方公里)海拔5,410 英尺(1,650 公尺)人口(2011)...

 

Fernando Paternoster Informasi pribadiNama lengkap Fernando PaternosterTanggal lahir (1903-05-24)24 Mei 1903Tempat lahir Pehuajó, ArgentinaTanggal meninggal 6 Juni 1967(1967-06-06) (umur 64)Tempat meninggal Buenos Aires, ArgentinaPosisi bermain BekKarier junior1919–1921 AtlantaKarier senior*Tahun Tim Tampil (Gol)1921–1926 Atlanta ? (?)1927–1932 Racing Club ? (?)1930–1931 → Vélez Sársfield (loan) 0 (0)1936 Argentinos Juniors 1 (0)Tim nasional1928–1930 Argentina 16 (0) Pres...

1561 English play Title page of The Tragedie of Gorboduc (1565) The Tragedie of Gorboduc, also titled Ferrex and Porrex, is an English play from 1561. It was first performed at the Christmas celebration given by the Inner Temple in 1561, and performed at Whitehall before Queen Elizabeth I on 18 January 1561,[1] by the Gentlemen of the Inner Temple.[2] The authors were Thomas Norton and Thomas Sackville, said to be responsible for the first three acts, and the final two, respec...

 

German economist You can help expand this article with text translated from the corresponding article in German. (November 2015) Click [show] for important translation instructions. View a machine-translated version of the German article. Machine translation, like DeepL or Google Translate, is a useful starting point for translations, but translators must revise errors as necessary and confirm that the translation is accurate, rather than simply copy-pasting machine-translated text into ...