Asier ETA biok |
---|
Ficha técnica |
---|
Título orixinal | Asier ETA biok |
---|
Director | Aitor Merino Amaia Merino |
---|
Produtor | Ainhoa Andraka Gabriela Calvache |
---|
Guión | Aitor Merino Amaia Merino |
---|
Intérpretes | Aitor Merino Asier Aranguren |
---|
Música | Alex Alvear |
---|
Fotografía | Aitor Merino |
---|
Montaxe | Amaia Merino Ainhoa Andraka |
---|
Estudio | Doxa Producciones (España) Cineática Films (Ecuador) |
---|
Estrea | 2013 |
---|
Orixe | País Vasco Ecuador |
---|
Xénero | Documental[1] |
---|
Orzamento | 54 085 €[2] |
---|
Recadación | 154 419 €[3] |
---|
Na rede |
---|
|
Asier ETA biok é un filme documental vasco-ecuatoriano[4] de 2013 que trata sobre a amizade entre o director do filme Aitor Merino co membro da organización terrorista ETA Asier Aranguren.[5] O filme foi gañadora do premio Irizar ao Cinema Vasco no Festival Internacional de Cinema de Donostia de 2013.[6][2]
O título do filme en éuscaro Asier ETA biok é un xogo de palabras, pois a palabra “eta” non soamente é o acrónimo desa organización senón que ademais equivale, nese idioma, á partícula copulativa “e” en galego.
Sinopse
Asier e Aitor son dous mozos que se coñeceron na ikastola e medran xuntos no País Vasco dos anos 80. Ao cabo duns anos, Aitor foise a Madrid a cumprir o seu soño de ser actor mentres que Asier, tras a marcha do seu amigo, ingresa na banda terrorista ETA. O filme, que trata sobre certos xuízos de valor, tenta explicar como unha persoa pode ser amigo dun etarra sen compartir as afinidades da banda armada e como afrontar esta situación ante terceiras persoas.[7]
Dirección e protagonistas
O codirector Aitor Merino traballou en numerosos filmes e con varios artistas como Montxo Armendáriz, Vicente Aranda ou Pilar Miró. O seu primeiro filme é a curtametraxe El pan nuestro, que foi nomeado nos Premios Goya en 2008.[8] A súa irmá e codirectora Amaia Merino é guionista e editora de documentais en Ecuador, traballando en máis de dez longametraxes.[4]
O protagonista, Asier Aranguren, é un exmembro de ETA que estivo en prisión durante oito anos e que, tras a súa saída do cárcere, pasou a incorporarse ao grupo da esquerda abertzale de interlocutores do colectivo de presos de ETA, xunto a Arantza Zulueta, entre outros, para atopar unha solución ao conflito vasco. Aitor, amigo da infancia de Asier, propúxolle crear un filme biográfico baseada na súa amizade a pesar das actividades terroristas deste.[9]
Elenco
Ademais dos seus dous protagonistas principais, no filme tamén aparecen Juan Diego Botto, Pilar Castro e Guillermo Toledo,[10] amigos do director que expoñen o seu punto de vista como persoas alleas ao conflito.
Notas