As humanas proporcións é un libro de 12 relatos curtos, escrito por Xesús Constela no ano 2003.
Características
As humanas proporcións configura unha proposta literaria que procura desmontar convencións e tópicos mediante un estilo directo e orixinal. Os seus relatos están escritos con técnicas diversas. O libro descobre unha dimensión nova do mundo cotián percorrendo todas as facetas da vida humana: o nacemento e a vellez, o corpo vivo cambiante, e tamén a desesperación e a morte, o poder e a procura da liberdade, a violencia individual e a social, o amor e a parella.