Arusha é unha cidade de 155.000 habitantes (2002), situada no nordeste de Tanzania, capital da rexión homónima.
Arusha é o centro administrativo e industrial dunha rexión produtora de café e algodón, un camiño de ferro únea aos portos do océano Índico (Tanga e Mombasa), da cidade parten os safaris para o Parque de Serengueti, o Parque Tarangire, o volcán Ngorongoro e ao Kilimanjaro.
Arusha é a sede do Tribunal Penal Internacional para Ruanda, creado en 1994 pola ONU para xulgar os crimes de xenocidio cometidos en Ruanda.