A articulación umerocubital é unha articulación do membro superior humano, que forma parte do cóbado. Artella o úmero e o cúbito, permitindo movementos de flexión, extensión e circundución.
Superficies articulares
Na parte superior ou proximal, participa a tróclea umeral, que encaixa coa epitróclea cubital, que constitúe a parte inferior ou distal da articulación. Os bordos da epitróclea evitan os movementos laterais.