Artello Teatro
Artello Teatro é unha compañía teatral fundada en Vigo no ano 1978[1] por Ernesto Chao e Antonio Durán "Morris".[2]
En 1994 comezaron unha nova andaina Rosa Hurtado, Santiago Montenegro coa dirección de Manuel Pombal co sobrenome alla scala 1:5.[1]
Espectáculos
- Morte e vida severina de Joâo Cabral de Melo-Neto, 1978
- Tarará-chis-pum, creación colectiva, 1978
- Pic-nic de Fernando Arrabal, 1979[3]
- As nubes de Aristófanes,[4] 1980[5]
- A cantante calva de Eugène Ionesco, 1981[6]
- Mandatruco!!!, creación colectiva, 1982[7]
- Celtas sen filtro de Xosé Luís Méndez Ferrín e Artello[8], 1983[9]
- Gulliver FM de Antón R. Reixa (coproducido co Centro Dramático Galego), 1985[10]
- Almas perdidas, de Xosé C. Cermeño (producido polo Centro Dramático Galego), 1987
- Gran Venta X Aniversario, creación colectiva, 1988 [11]
- Batea, creación colectiva, 1990[12]
- A matanza dos Seixas de Antonio Blanco, 1993 [13]
- A do libro de R. Hurtado e S. Montenegro, 1995[14]
- Unha de amor [15]de R. Hurtado, M. Pombal e S. Montenegro, 1999 [16]
- Amadís de Algures de R. Hurtado e S. Montenegro, 2002[17]
- De fábula de R. Hurtado e S. Montenegro, 2005
- Tarará-chis-pum de Anabell Gago, Avelino González, Bea Porrúa, Fran Peleteiro, José C. Illanes, Manuel Polo, Noemi Rodríguez, Rosa Hurtado e Santiago Montenegro (Dirección do espectáculo, producido polo Centro Dramático Galego), 2007[18]
- Polgariño & Cía de R. Hurtado e S. Montenegro, 2008 [19]
- Cinderela Mix de R. Hurtado, S. Montenegro e S. Piñón, 2011
- Non toques os meus círculos de R. Hurtado e S. Montenegro, 2015
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
|
|