Arquidiocese católica latina de Przemyśl
A arquidiocese de Przemyśl é unha sé metropolitana da Igrexa Católica de rito latino . No ano 2004 contaba con 763.352 bautizados sobre un total de 780.000 habitantes. O arcebispo actual é, dende 1993, Józef Michalik .
Territorio
A arquidiocese comprende a parte suroriental do Voivodato de Subcarpacia . A sé arquiepiscopal é a cidade de Przemyśl , onde se atopa a catedral dedicada á Asunción da Virxe María e a San Xoán Bautista .
O territorio está subdividido en 41 decanatos e en 383 parroquias .
Historia
A diocese de Przemyśl foi erixida en abril de 1340 . O 13 de febreiro de 1375 o papa Gregorio XI coa bula Debitum pastoralis elevou a sé de Halyč ao rango de metrópole , e lle asignou Przemyśl como diocese sufragánea. A comezos do século XV a sé de Halyč foi trasladada a Lviv , mantendo Przemyśl como sufragánea.
En 1772 o territorio da diocese pasou a formar parte do Imperio Austríaco e sufriu a política de inxerencia nos asuntos relixiosos coñecida co nome de xosefinismo , que levou á clausura de 31 mosteiros e dos seminarios diocesanos (o seminario foi reaberto en 1819).
Durante a segunda guerra mundial a diocese e os seus habitantes sufriron primeiro a ocupación soviética (1939 -1941 ) e despois a alemá (1941-1944 ). Neste período foron arrestados 90 sacerdotes . Co fin da guerra, logo da revisión da fronteira entre a Unión Soviética e Polonia, a diocese perdeu arredor da terceira parte do seu territorio, e os polacos que alí residían foron trasladados á parte occidental. Despois de 1945 foron pechados todos os mosteiros e confiscados moitos dos edificios das institucións e parroquias católicas, así como as propiedades da diocese.
En marzo de 1992, coa reorganización das dioceses polacas polo papa Xoán Paulo II coa bula Totus tuus Poloniae populus , cedeu parte do seu territorio para erixir a diocese de Rzeszów e ao mesmo tempo foi elevada ao rango de arquidiocese metropolitana.
Episcopoloxio
Bispos de Przemyśl
Mikołaj Rusin (18 de xaneiro de 1353 - 1375 , finado)
Eryk z Winsen (13 de abril de 1377 - 8 de setembro de 1391 , finado)
Maciej Janina (28 de outubro de 1392 - 17 de xuño de 1419 , finado)
Janusz z Lubienia (21 de agosto de 1420 - 20 de marzo de 1435 , finado)
Piotr z Chrząstowa (9 de marzo de 1436 - 19 de xaneiro de 1452 , finado)
Mikołaj z Błażejowa (11 de agosto de 1452 - 21 de decembro de 1474 , finado)
Andrzej Oporowski (5 de outubro de 1476 - 12 de outubro de 1481 , nomeado bispo de Włocławek )
Piotr z Bnina Moszyński (10 de decembro de 1481 – 20 de outubro de 1483 , nomeado bispo de Włocławek )
Jan Kaźmierski (10 de maio de 1484 – 18 de novembro de 1484 , finado)
Jan z Targowiska (26 de maio de 1486 – 1 de xuño de 1492 , finado)
Mikołaj Krajowski (29 de abril de 1493 - 13 de abril de 1498 , finado)
Maciej Drzewiecki (21 de outubro de 1504 - 4 de novembro de 1513 , nomeado bispo de Włocławek )
Piotr Tomicki (29 de maio de 1514 - 22 de xuño de 1520 , nomeado bispo de Poznań )
Rafał Leszczyński (5 de xaneiro de 1521 - 8 de xuño de 1523 , nomeado bispo de Płock )
Andrzej Krzycki (8 de xuño de 1523 - 29 de abril de 1527 , nomeado bispo de Płock )
Jan Karnkowski (29 de abril de 1527 - 4 de agosto de 1531 , nomeado bispo de Włocławek )
Beato Jan Chojeński (4 de agosto de 1531 - 27 de outubro de 1535 , nomeado bispo de Płock )
Piotr Gamrat (27 de outubro de 1535 - 17 de agosto de 1537 , nomeado bispo de Płock )
Stanisław Tarło (17 de agosto de 1537 - 14 de decembro de 1544 , finado)
Jan Dzieduski (8 de xuño de 1545 - 28 de xullo de 1559 , finado)
Filip Padniewski (26 de xaneiro de 1560 - 17 de xullo de 1560 , nomeado bispo de Cracovia )
Walenty Herburt (4 de setembro de 1560 - 7 de xullo de 1572 , finado)
Łukasz Kościelecki (5 de decembro de 1575 - 4 de marzo de 1577 , nomeado bispo de Poznań )
Wojciech Staroźrebski Sobiejuski (11 de decembro de 1577 - 1 de xaneiro de 1580 , finado)
Jan Borukowski (23 de marzo de 1583 - 15 de abril de 1584 , finado)
Wojciech Baranowski (11 de febreiro de 1585 - 30 de xaneiro de 1591 , nomeado bispo de Płock )
Wawrzyniec Goślicki (10 de maio de 1591 - 19 de marzo de 1601 , nomeado bispo de Poznań )
Maciej Pstrokoński (19 de marzo de 1601 - 5 de novembro de 1608 , nomeado bispo de Włocławek )
Stanisław Sieciński (3 de agosto de 1609 - 16 de outubro de 1619 , finado)
Jan Wężyk (17 de febreiro de 1620 - 13 de maio de 1624 , nomeado bispo de Poznań )
Achacy Grochowski (26 de agosto de 1624 - 6 de outubro de 1627 , nomeado bispo de Łuck )
Adam Nowodworski (29 de novembro de 1627 - 7 de abril de 1631 , nomeado bispo de Poznań )
Henryk Firlej (28 de xullo de 1631 - 9 de xullo de 1635 , nomeado bispo de Poznań )
Andrzej Szołdrski (13 de agosto de 1635 - 21 de xullo de 1636 , nomeado bispo de Poznań )
Piotr Gembicki (22 de setembro de 1636 - 10 de novembro de 1642 , nomeado bispo de Cracovia )
Aleksander Trzebiński (1 de decembro de 1642 - 25 de xullo de 1644 , finado)
Paweł Piasecki (28 de novembro de 1644 - 1 de agosto de 1649 , finado)
Jan Zamoyski (6 de decembro de 1649 - 19 de outubro de 1654 , nomeado bispo de Łuck )
Andrzej Trzebicki (12 de decembro de 1654 - 2 de marzo de 1658 , nomeado bispo de Cracovia )
Stanisław Sarnowski (17 de xuño de 1658 - 24 de maio de 1677 , nomeado bispo de Włocławek )
Jan Stanisław Zbąski (11 de outubro de 1677 - 6 de decembro de 1688 , nomeado bispo de Warmia )
Jerzy Albrecht Denhoff (19 de outubro de 1689 - 9 de maio de 1701 , nomeado bispo de Cracovia )
Jan Kazimierz de Alten Bokum (18 de xullo de 1701 - 30 de xullo de 1719 , nomeado bispo de Chelmno )
Krzysztof Andrzej Jan Szembek (15 de marzo de 1719 - 11 de setembro de 1724 , nomeado bispo de Warmia )
Alexander Antoni Pleszowice Fredro (27 de setembro de 1724 - 26 de abril de 1734 , finado)
Valentinus Alexander Czapski (11 de febreiro de 1737 - 20 de decembro de 1741 , nomeado bispo de Włocławek )
Wacław Hieronim Sierakowski (25 de maio de 1742 - 21 de xullo de 1760 , nomeado arcebispo de Lviv )
Michael Wodzicki (22 de setembro de 1760 - 1 de xaneiro de 1764 , finado)
Walenty Franciszek Wężyk (22 de abril de 1765 - 25 de outubro de 1766 , finado)
Andrzej Mikołaj Stanisław Kostka Młodziejewski (1 de decembro de 1766 - 16 de maio de 1768 , nomeado bispo de Poznań )
Józef Tadeusz Kierski (16 de maio de 1768 - 16 de xaneiro de 1783 , finado)
Antoni Wacław Betański (16 de xaneiro de 1783 - 22 de xaneiro de 1786 , finado)
Antoni de Gołaszewski (24 de xullo de 1786 - 25 de abril de 1825 , finado)
Jan Antoni de Potoczki (19 de decembro de 1825 - 16 de maio de 1832 , finado)
Michał de Korczyńscki (23 de xuño de 1834 - 8 de outubro de 1839 , finado)
Franciszek Ksawery Zachariasiewicz (13 de xullo de 1840 - 12 de xuño de 1845 , finado)
Franciszek Ksawery Wierzchlejski (27 de xullo de 1846 - 23 de marzo de 1860 , nomeado arcebispo de Lviv )
Adam Jasiński (23 de marzo de 1860 - 3 de marzo de 1862 , finado)
Antonio Manastyrski (28 de setembro de 1863 - 17 de decembro de 1869 , finado)
Mattia Hirschler (27 de xuño de 1870 - 27 de maio de 1881 , finado)
Łukasz Solecki (27 de marzo de 1882 - 2 de marzo de 1900 , finado)
San Józef Sebastian Pelczar (17 de decembro de 1900 - 28 de marzo de 1924 , finado)
Anatol Wincenty Nowak (30 de setembro de 1924 - 5 de abril de 1933 , finado)
Franciszek Barda (25 de novembro de 1933 - 13 de novembro de 1964 , finado)
Ignacy Tokarczuk (3 de decembro de 1965 - 25 de marzo de 1992 )
Arcebispos de Przemyśl
En 1992 a sé foi elevada a arquidiocese. Dende entón, os arcebispos de Przemyśl teñen sido os seguintes:
Véxase tamén
Ligazóns externas
Arquidioceses: Dioceses: Ordinariato militar: