Armas ó ombro (en inglés: Shoulder Arms) é un filme estadounidense de 1918 dirixido, producido e escrito por Charlie Chaplin. É o segundo filme de Charlie Chaplin para First National Pictures. É un filme mudo ambientado en Francia durante a primeira guerra mundial. Está coprotagonizado por Edna Purviance e Sydney Chaplin, o irmán máis vello de Chaplin.
Estreouse en galego o 1 de xullo de 2006 a través da TVG.[1]
Personaxes
Notas
- ↑ La Voz de Galicia, 1 de xullo de 2006. Páx. 71
Véxase tamén
Ligazóns externas