Argania spinosa, (sinónimoA. sideroxylon Roem. & Schult.), a árbore do argán, é unha especie de planta de flores pertencente á familia Sapotaceae, sendo endémica dos semidesertos calcarios do suroeste de Marrocos, e mais da provincia de Tindouf, no oeste de Alxeria. É a única especie do xénero Argania. Como oleaxinosa emprégase para tirar aceite das súas sementes.
Descrición
O argán medra até os 8-10 metros de altura e vive uns 150-200 anos. Medra na zona comprendida entre Tiznit e Esauira. É espiñento co toro rugoso. Ten follas miúdas de 2–4 cm de lonxitude., ovais co ápice arredondado. As flores son miúdas, con cinco pétalos amarelo-averdado; florea en abril. O froito é de 2–4 cm de lonxitude e 1.5–3 cm de largo, coa pela espesa e grosa que arrodea a casca amarga con doce recendo; esta arrodea os froitos que conteñen 2-3 sementes que son ricas en aceite. O froito tarda un ano en estar ben chegado até xuño-xullo do ano a seguir.
A superficie dos bosques de Argania diminuíu nun 50 % nos últimos 100 anos, por mor á súa utilización coma combustíbel, o pastoreo e mais o cultivo intensivo. A súa mellor protección para a súa conservación podería atoparse no recente desenvolvemento da produción de aceite de argán para a súa exportación coma un produto de alto valor comercial.
Na zona do Souss, situada no suroeste de Marrocos, utilízase principalmente como alimento, a xeito de aceite, para esparexer no pan o preparar tagine (prato típico da cociña marroquí). Tamén é moi apreciado o seu uso cosmético, coma xabóns, cremas, locións, aceites, ... dadas as súas propiedades hidratantes, antiacneicas, para o tratamento da psoríase e bronceadoras, entre outras.
Nalgúns lugares de Marrocos, o argán toma o lugar da oliveira coma fonte de recursos, xa que se utiliza como forraxe, petróleo e madeira. É o combustíbel da sociedade bérber, especialmente preto de Essaouira. Cando escasea o alimento, as xenas ruben pola árbore para comer as súas follas [2].
O. M'Hirit, M. Bensyane, F.Benchekroun, S.M. El Yousfi, M. Bendaanoun (1998). L'arganier: une espèce fruitière-forestière à usages multiples. Pierre Mardaga. ISBN 2-87009-684-4.
J.F. Morton & G.L. Voss (1987). "The argan tree (Argania sideroxylon, Sapotataceae), a desert source of edible oil". Economic Botany41 (2): 221–233.
Rachida Nouaim (2005). L'arganier au Maroc: entre mythes et réalités. Une civilisation née d'un arbreune espèce fruitière-forestière à usages multiples. Paris: L'Harmattan. ISBN 2-7475-8453-4.
H.D.V. Prendergast & C.C. Walker (1992). "The argan: multipurpose tree of Morocco". Kew Magazine9 (2): 76–85.
Dr, Elaine M. Solowey (2006). Supping at God's table. Thistle Syndicate. pp. 75–76. ISBN 0-9785565-1-8.