División eclesiástica de Galicia en 2008 .
O arciprestado de Faro é un arciprestado da arquidiocese de Santiago de Compostela . Pertence á vigairía da Coruña e abrangue 6 parroquias do concello da Coruña .[ 1]
Historia
Arciprestado de Faro no mapa do arcebispado de Santiago de 1825 . Límites arciprestais.
Límites provinciais.
Recibe o nome polo antigo arciprestado de Faro, que se estendía polos actuais concellos da Coruña , Culleredo e Arteixo .[ 2]
En 1959 , mediante decreto de 30 de novembro do cardeal Quiroga , ficou reducido a 16 parroquias (dúas do municipio arteixán e o resto do coruñés): Santa María e Santiago , San Xurxo , San Nicolao , Santa Lucía , San Pedro de Mezonzo , Santa María de Oza , San Vicenzo de Elviña , San Cristovo das Viñas , San Pedro de Visma , San Tomé Apóstolo, San Xosé, Santa Margarida, San Rosendo, Nosa Señora do Carme, Santa María de Pastoriza e San Tirso de Oseiro .[ 3]
En 1979 segregáronse del os arciprestados de Catro Camiños , Monelos e Riazor ,[ 4] e as freguesías de Pastoriza e Oseiro pasaron para o arciprestado de Laracha .[ 3]
Parroquias
As 6 parroquias do arciprestado son Santa María e Santiago , San Xurxo , San Nicolao , San Tomé (establecida en 1942),[ 5] San Xosé (establecida en 1954)[ 6] e María Auxiliadora (establecida en 1977).[ 7]
Arciprestes de Faro
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas