Unha arañeira[1] ou tea de araña[2] é unha estrutura construída por unha araña coa súa sedaproteica. As arañas tecen teas en forma de funil, en forma de folla ou en espirais. As arañeiras poden estar feitas con seda pegañosa ou con seda "peluda" de captura, dependendo do tipo de araña.
Construción
As teas de araña fórmanse a partir da seda que as arañas biosintetizan e segregan a través das súas glándulas, na parte posterior do abdome. As especies máis primitivas de araña posúen poucas glándulas e polo tanto sintetizan sedas moi semellantes en tódolos casos.[3][4] Porén, arañas máis evolucionadas teñen ata 7 glándulas diferentes[5][4] coas que poden sintetizar diferentes sedas para diferentes funcións.