Apocalipse Z: O comezo da fin (en castelán: Apocalipsis Z: El principio del fin) é un filme español de 2024 dirixido por Carles Torrens a partir dun guión de Ángel Agudo. O filme baséase na novela homónima de Manel Loureiro e está protagonizado por Francisco Ortiz.
A súa trama trata dos esforzos do protagonista por reunirse coa súa familia mentres unha pandemia global comeza a converter as persoas infectadas en criaturas agresivas.[1][2]
Estreouse o 31 de outubro de 2024 en Amazon Prime Video, onde conta con versión dobrada e subtitulada en galego.[3][4]
Sinopse
No ano 2024, unha estraña doenza semellante á rabia comeza a estenderse sen freo por todo o planeta, transformando a xente en criaturas extremadamente agresivas. Mais Manel (Francisco Ortiz) leva tempo vivindo a súa propia apocalipse – aínda non superou a perda da súa muller nun accidente do ano pasado, e dende entón vive deprimido e illado da súa familia, xunto con Lúculo, o seu gato, como única compaña. Cando a doenza cobra aínda máis forza, a súa irmá Belén (Marta Poveda) insiste en que deixe Vigo e se reúna con ela nas Canarias, mais o plan fracasa. Manel ten que pecharse na súa casa, recurrindo ao seu enxeño e habilidades para sobrevivir. Porén, el e Lúculo axiña teñen que marchar, e irán atopando compañeiros de viaxe improbables.[5]
Personaxes
Produción
O filme é unha produción de Nostromo Pictures, e conta con Adrián Guerra como produtor e a Núria Valls como produtora executiva.[6] A rodaxe realizouse en Vigo incluíndo a Zona Franca, o Porto de Vigo e o Hospital do Meixoeiro.[7]
Estrea
O filme esteouse internacionalmente na 57ª edición do Festival de Cinema de Sitges o 5 de outubro de 2024, antes de estrearse en liña o 31 de outubro de 2024 en Amazon Prime Video.[1]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "La adaptación de la novela 'Apocalipsis Z. El principio del fin' toma el Festival de Sitges". Europa Press. 5 de outubro de 2024.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 Torres, Andoni (4 de outubro de 2024). "La nueva película de zombis que llega a Amazon Prime Video". Las Provincias. Grupo Vocento}.
- ↑ @DobraxeGalega, ed. (31 de outubro de 2024). "Apocalipse Z xa dispoñible en Amazon Prime Video". Consultado o 25 de novembro de 2024.
- ↑ agpti, ed. (3 de novembro de 2024). "@PrimeVideo vén de estrear «Apocalipse Z» coa tradución para dobraxe pola nosa socia @seicanena e revisión pola nosa socia @sirmagda". Consultado o 25 de novembro de 2024.
- ↑ "Tráiler final de ‘Apocalipsis Z: El principio del fin’: la película de zombis española de Prime Video". Cine con Ñ (en castelán). 2024-10-08. Consultado o 2024-10-30.
- ↑ Marín, Alicia (5 de outubro de 2024). "Francisco Ortiz, de "Memento Mori" a "Apocalipsis Z: El principio del fin"". vemostv.
- ↑ Alonso, Lola (10 de xullo de 2024). "La película 'Apocalipsis Z' rodada en Vigo para Prime Vídeo se estrenará este otoño". treintayseis – vía El Español.
Véxase tamén
Outros artigos