A Apatura ilia é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Nymphalidae.
Descrición
Lepidóptero coas ás dianteiras de 32 a 35 mm, bastante parecida á Apatura iris, distinguíndose polos puntos das ás; esta especie ten dous puntos máis e ademais fáltalle a forma saínte das ás traseiras. A femia é máis grande e carece de tornasolado.
Distribución
Distribúese polo Paleártico: Francia, Europa central, falta no norte de Alemaña e chega polo oeste até Asia Oriental. Polo sur chega até Italia central e ao norte de Grecia. Falta nas illas mediterráneas. Distribución moi limitada en España e Portugal.
Pódese observar nos claros de bosques frondosos, sobre chans calcáreos, en lagoas, vales asollados e sobre todo en veigas con pradarías, álamos brancos e álamos tremos.
Fase larvaria
A eiruga desenvólvese desde finais de verán até comezo do seguinte, o inverno pásao como eiruga, despois da segunda muda, nas ramas dos álamos. Aliméntase de álamos e salgueiros.
Ameazas
Especie moi ameazada en Europa Central, pola desaparición das súas zonas de hábitat.
Ecoloxía
As larvas aliméntanse de especies de Salix, Populus tremula e Populus nigra.
Subespecies
- Apatura ilia ilia
- Apatura ilia barcina
- Apatura ilia clytie
- Apatura ilia extensa Le Moult, 1947
- Apatura ilia herastituta O. Bang-Haas, 1936
- Apatura ilia here Felder, 1862
- Apatura ilia hereoides O. Bang-Haas, 1933
- Apatura ilia huapingensis Yoshino, 1998
- Apatura ilia phaedra Leech, 1892
- Apatura ilia praeclara Bollow, 1930
- Apatura ilia pusilla O. Bang-Haas, 1936
- Apatura ilia serarum Oberthür
- Apatura ilia sobrina Stichel
- Apatura ilia subsobrina Mell, 1952
- Apatura ilia szechwanensis Le Moult, 1947
- Apatura ilia ussuriensis (Kurenzov, 1937)
- Apatura ilia yunnana Mell, 1952[1]
- Apatura ilia yunnanensis (Le Moult, 1947).
Notas