Ao voso gusto[1] (en inglés: As You Like It) é unha obra de comedia pastoral de William Shakespeare que foi escrita en 1599 e foi publicada por vez primeira por First Folio en 1623. A primeira representación da obra é incerta, mais suxeriuse como a máis posible a realizada en Wilton House en 1603.
Ao voso gusto conta a historia da heroina Rosalinda e a súa fuxida no xuízo do seu tío, acompañada pola súa curmá Celia, para atopar seguridade e o amor no bosque de Arden. No bosque, atópanse con gran variedade de personaxes, destacando o melancólico viaxeiro Jaques, quen sabe moitos dos famosos discursos de Shakespeare (como "All the world's a stage", "too much of a good thing" e "A fool! A fool! I met a fool in the forest"). Jaques achega un marcado contraste respecto dos outros personaxes da obra, sempre observando e sorteando as dificultades da vida no país.
Historicamente, a resposta da crítica foi variada, considerando a obra algúns críticos como un traballo de gran mérito aínda que de menos calidade que outros traballos de Shakespeare. A obra segue sendo unha das favoritas entre o público e foi adaptada para a radio, o cinema e o teatro musical. A peza é considerada a favorita de famosos actores e actrices anglosaxóns de teatro de cinema, como Vanessa Redgrave, Juliet Stevenson, Maggie Smith, Rebecca Hall, Helen Mirren e Patti LuPone no papel de Rosalinda e Alan Rickman, Stephen Spinella, Kevin Kline, Stephen Dillane e Ellen Burstyn no papel de Jaques.
Foi traducido ó galego por Miguel Pérez Romero e foi publicado por Edicións Laiovento no ano 2019.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas