Ao límite (en inglés: Edge of Darkness) é un filme británico-estadounidense dirixido por Martin Campbell que se estreou no 2010. Baséase na serie de televisión da BBC Edge of Darkness. É o primeiro filme no que sae Gibson dende Signs (2002). Estreouse en galego na TVG o 16 de agosto de 2013.
Sinopse
Thomas Craven (Mel Gibson) é un veterano investigador do departamento de policía de Boston cuxa filla de 24 anos, Emma (Bojana Novakovic), é asasinada. Ela era unha activista política que aparentemente tiña unha vida secreta. Trala tráxica perda, Thomas decide implicarse na investigación e descobre o sistema corrupto que acabou coa vida da persoa que máis quería.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas