Anxos Sumai
María Anxos Sumai García, nada en Oeste (Catoira) o 29 de novembro de 1960, é unha documentalista, tradutora e escritora galega.[1][2]
Traxectoria
Estudou na Universidade de Santiago de Compostela (USC) Xeografía e Historia e especializouse en Biblioteconomía, Arquivística e Documentación. Dende 1985 traballa como bibliotecaria e documentalista na Biblioteca Nodal e no Museo Provincial de Pontevedra. Tamén coordina a Área de Documentación do Consello da Cultura Galega.[3]
Colaboradora de distintas publicacións nos anos oitenta e noventa, a súa actividade literaria desenvólvese na rede dende o ano 2001 no portal culturagalega.org, onde tivo as seccións Anxos e diaños, con Roberto Ribao, Anxos da garda e Crítica da memoria pura.[4] Colaborou na segunda etapa da revista Guía dos Libros Novos coa sección "Hemisferio Oeste" (2003-2004).[2] No Diario Cultural da Radio Galega tivo o espazo “Somos perigosamente normais”.
Obra
Narrativa
Ensaio
Traducións
- Diarios, de Syra Alonso (2000). A Nosa Terra.
- Tres tempos e a esperanza, de Mariví Villaverde (2002). A Nosa Terra.
- Herbario, de Elena Poniatowska, incluído no volume A filla do filósofo (2009). Galaxia.
Obras colectivas
- Pano de lona (2005, Arquivo Pacheco).
- Fisuras no cotián. Nove narradoras no relato de xénero (2006, Xunta de Galicia).
- 24 10 06 (2007, Candeia Editora, Santiago de Compostela).
- Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais).
- Cociñando ao pé da letra (2011, Galaxia). Colaboración con varios autores sobre literatura e cociña.
- O libro dos libros (2018, Galaxia), co relato "Flor branca de Boabab".[7]
- Entre donas (2020). Baía Edicións. 208 páxs. ISBN 9788499953427. Dez relatos de escritoras galegas actuais colocando as mulleres no centro da historia.[8]
- Libres e vivas (2021). Galaxia. 196 páxs. ISBN 978-84-9151-586-9.[9]
Premios
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
|