Anxos Fazáns Estévez, nada en Pontevedra[1] o 12 de maio de 1992, é unha directora e actriz de cinema galega. En novembro de 2017 estreou o filme A estación violenta,[2] unha adaptación da novela homónima de Manuel Jabois.[3]
Traxectoria
Graduouse en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo e fixo o máster de Dirección de Cine na Escola Superior de Cine e Audiovisuais de Cataluña. Dende entón, traballou como axudante de dirección e guionista en diversas curtametraxes e longametraxes.
Entre as súas obras salientan as curtametraxes Direcciones e Nacer, que foron seleccionadas no Festival de Cans do Porriño, e a webserie Fame.
Toca no grupo Contenedor de Mierda.
Filmografía
Cinema
Curtametraxes
- Direcciones
- Nacer
- Doce
- Area
- Analóxica (2019) [4]
Webseries
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas