Antonín Panenka, nado en Praga o 2 de decembro de 1948, é un exfutbolista checoslovaco. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección checoslovaca. Pasou á historia do fútbol grazas ao seu hábil e sorprendente xeito de converter o penalti[1] que deu a vitoria á Checoslovaquia na final da Eurocopa de 1976 fronte a Alemaña Federal. Na actualidade é o presidente do Bohemians 1905.
Notas
Véxase tamén