Antonio Vázquez-Queipo Coste, nado en Cuba o 8 de outubro de 1840 e finado en Madrid o 13 de marzo de 1900, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Fillo de Vicente Vázquez Queipo. Cursou a carreira de Dereito en Madrid ata o doutoramento. En 1864 regresou a Cuba, onde desempeñou os cargos de Tenente Fiscal da Audiencia da Habana, Asesor Letrado do Tribunal de Comercio de Cuba e Síndico Primeiro do Concello da Habana. Tamén foi conselleiro do Banco de España da Habana. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Quiroga nas eleccións de 1879, volveu ser elixido deputado a Cortes polo distrito da Habana nas eleccións de 1886. Foi senador pola provincia de Porto Rico de 1881 a 1884, senador pola provincia de Puerto Príncipe de 1884 a 1886 e senador vitalicio dende 1889. Foi condecorado coa Gran Cruz de Isabel A Católica.
Véxase tamén
Ligazóns externas