Antonio Sayanes González

Modelo:BiografíaAntonio Sayanes González
Biografía
Nacementoxuño de 1903 Editar o valor en Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de febreiro de 1937 Editar o valor en Wikidata (33 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate, asfixia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, membro da resistencia Editar o valor en Wikidata
Membro de

Nomes e Voces: 769

Antonio Basilio Sayanes González, nado en Vilagarcía de Arousa en xuño de 1903 e finado no mesmo concello o 16 de febreiro de 1937, foi un sindicalista e guerrilleiro galego.

Traxectoria

Instalado en Sárdoma. Militante da CNT, directivo do Sindicato de Industria Pesqueira de Bouzas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse na casa da súa sogra na Pobra do Caramiñal pero despois tivo que volver a Vigo. Desde alí fuxiu a pé a Vilagarcía de Arousa para reunirse co seu amigo Rodrigo Beruete Alejandre no monte Xiabre. Foi procesado por sedición a bodo do vapor de pesca "Baltasar Pujales Valverde" e reclamado polo xuíz militar de Vigo mediante requisitoria o 25 de setembro de 1936.[1] Integrouse no grupo organizado por Rodrigo Beruete cos fuxidos Ángel Buceta Loroño Ramón Rodríguez Carregal, Francisco Baamonde García, Manuel Martínez Freire, José Torres Eiras, e Serafín Brea Otero, ao que se incorporou con Urbano Tarrío Montero, Juan Gil Quintela, Manuel Limeres Ordóñez, Pilar Fernández Seijo e Manuel Díaz Hermo. Perseguidos pola Garda Civil, o exército, os carabineiros e as milicias de Falange e a Garda Cívica de Vilagarcía, o 13 de febreiro de 1937 cercaron a casa de Pilar Fernández en Trabanca Badiña onde estaban refuxiados Buceta, Beruete, Juan Gil e Manuel Díaz. O 16 de febreiro foron cercados nunha casa de Loenzo, os franquistas prenden lume ao edificio e morreron carbonizados Rodrigo Beruete, Pilar Fernández, Manuel Limeres e Antonio Sayanes. Os cadáveres foron trasladados ao cemiterio de Vilagarcía e soterrados nunha fosa común sen nome.[2][3][4]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas