Antonio José Valín Valdés, nado en Ribadeo o 24 de febreiro de 1968, é un sacerdote católico e bispo galego.[1]
O 25 de maio de 2024 o Papa Francisco nomeouno bispo da diocese de Tui-Vigo, substituíndo a Mons. Luís Quinteiro Fiuza.
Traxectoria
En 1986 ingresou no teologado diocesano de Santiago de Compostela estudando no Instituto Teolóxico Compostelán ata 1992. É bacharel en Teoloxía e ten o Mestrado en Comunicación cristiá pola Universidade Pontificia de Salamanca.[2]
Foi ordenado sacerdote na catedral de Mondoñedo o 14 de marzo de 1993. Foi formador e profesor do seminario de Mondoñedo (1992-1999), director espiritual do seminario maior (2006), director espiritual do seminario maior e menor (2011), formador seminaristas menores diocesanos (2019) e director da residencia universitaria Domus Ecclesiae de Ferrol (2000). Tamén foi profesor do ISCRD «San Agustín» e da EDT.[3]
Foi subdelegado de Pastoral Xuvenil, Vigairía Ferrol (1999), delegado diocesano de Pastoral Vocacional (2002), delegado episcopal de Pastoral de Infancia e Xuventude (2007), secretario de Pastoral (2015/2016) e vicario episcopal para a Evanxelización (2017). Foi membro da delegación de Pastoral Vocacional e do COV de Viveiro, do equipo sacerdotal de Vilalba, do equipo sacerdotal de Vilalba-Abadín-Xermade, do Consello Presbiteral, do Colexio de Consultores, do Consello Diocesano de Goberno e do Consello de Pastoral.[1]
Foi párroco de San Sadurniño (1999), párroco de Santiago de Foz (2012), arcipreste da Terra Chá (2006/2009), arcipreste de Mondoñedo (2012/2016/2019), delegado Ano Xubilar da Misericordia (2015). Foi párroco in solidum e moderador da UPA de Foz (desde 2019) e vicario xeral e moderador da Curia (desde 2021). Todo na diocese de Mondoñedo-Ferrol.[4]
Desde 2018 foi cóengo da catedral de Mondoñedo e consiliario do “Colectivo Campamento Diocesano” desde 2003. Desde o 21 de decembro de 2020 ata o 4 de setembro de 2021 foi administrador diocesano da diocese de Mondoñedo-Ferrol, cando tomou posesión como bispo Fernando García Cadiñanos.[5]
Ten colaborado no programa El Espejo de la diócesis’de COPE Ferrol e na revista Dumio.[2]
Na súa primeira carta tras ser nomeado bispo recalcou: "compartir o que son, os meus soños, as esperanzas, a alegría da fe e a paixón polo Evanxeo e polo Reino do Señor, especialmente cos máis pobres e descartados da nosa sociedade”.[6]
O seu ordeamento está previsto o 20 de xullo de 2024 na Catedral de Tui. É o terceiro bispo nado en Ribadeo, despois de ter sido nomeado o primeiro, Pedro Sarmiento de Villandrando,[7] en 1524, e o segundo, Laureano Veres, no século XIX.[8]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "El sacerdote Antonio José Valín Valdés, nuevo obispo de Tui-Vigo". El Correo Gallego (en castelán). 2024-05-25. Consultado o 2024-05-25.
- ↑ 2,0 2,1 "Quién es Antonio Valín, obispo electo de Tui-Vigo". Religión Digital (en castelán). 2024-05-25. Consultado o 2024-05-25.
- ↑ Atlántico (2024-05-25). "El Papa nombra al lucense Antonio Valín nuevo obispo de Tui-Vigo". Atlántico (en castelán). Consultado o 2024-06-01.
- ↑ Quicios, Rodrigo Moreno (2024-05-25). "Antonio José Valín Valdés, nuevo obispo de Tui-Vigo". Alfa y Omega (en castelán). Consultado o 2024-05-25.
- ↑ "Nuevo obispo de Tui-Vigo". evistaecclesia.es.
- ↑ Beltrán, José (2024-05-25). "Tui-Vigo estrena obispo: Antonio José Valín Valdés, el vicario ‘fontanero’ de Mondoñedo-Ferrol". Vida Nueva - Revista y portal de noticias religiosas y de Iglesia (en castelán). Consultado o 2024-05-25.
- ↑ "500 años después, de nuevo un ribadense obispo de Tui!". www.facebook.com (en castelán). Consultado o 2024-06-01.
- ↑ "El ribadense Antonio Valín Valdés es nombrado nuevo obispo de Tui-Vigo". La Comarca del Eo. 1 de xuño de 2024.