Antonio Feliciano Fernández Rocha, nado no Brasil en 1953, é un político galego do PPdeG que foi alcalde do concello de Tui[1].
Traxectoria
Contratista rural e despois promotor inmobiliario. Concelleiro do PPdeG en Tui dende 1991, chegou á alcaldía en 1998, a través dunha moción de censura contra o alcalde do PPdeG, Miguel Ángel Capón Rey[2], que contou co apoio doutros 4 edís que formaran parte con el do PPdeG ata uns meses atrás, con 2 edís do PSdeG, 1 edil anteriormente do BNG e o concelleiro da CNG Ángel Álvarez Durán. Nas eleccións municipais de 1999 concorreu como independente nas filas do CPT, gañando as eleccións e gobernando de novo co apoio dun edil que fora electo nas listas do PPdeG. Nas municipais de 2003 o PPdeG readmitiuno, marchando Capón, e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Nas de 2007 logrou maioría simple, acadando 7 dos 17 concelleiros, polo que necesitou o apoio do TUI (Tudenses Unidos Independentes) de Diz Guedes para gobernar.
En marzo de 2010 foi xulgado por unha agresión a un veciño da localidade, que lle recriminara a súa política urbanística[3]. Non concorreu como candidato en 2011, deixando paso ao seu compañeiro Moisés Rodríguez Pérez que o sucedeu na alcaldía con maioría absoluta. Trala renuncia deste último a encabeza-la candidatura popular no 2015 volveu se-lo candidato da formación conservadora, a cal pasou de 9 a 4 concelleiros mais seguiu sendo a formación máis votada. Desta forma, os socialistas lograron a alcaldía co apoio doutros grupos. En xuño de 2017 presentou a súa dimisión como concelleiro para facilitar unha moción de censura contra o entón goberno local[4].
Notas
Véxase tamén
Outros artigos