Ángel Álvarez Durán, coñecido como Geluco, nado en 1931 e finado en Vigo o 24 de marzo de 1998,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Fillo de Ángel Álvarez Pérez. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura da UCD á alcaldía de Tui e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura do Partido Galeguista e volveu ser elixido alcalde grazas a un pacto de goberno. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura de Independentes de Galicia, perdendo a alcaldía en favor de Juan Manuel Diz Guedes, de Unión Tudense. Mántivose como concelleiro de Converxencia Nacionalista Galega tralas eleccións de 1991 e 1995, chegando a apoiar a moción de censura de febreiro de 1998 que descabalgou a Miguel Ángel Capón Rey en favor Antonio Fernández Rocha, se ben non entrou a formar parte do seu goberno e se mantivo na oposición ata o seu falecemento.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Añoveros Trías de Bes, Xabier; Martínez Gamallo, Loli (2007). Los alcaldes de Tui del siglo XX. Historia de la ciudad a través de los plenos municipales. Pontevedra: Deputación. ISBN 978-84-612-2481-4.
Outros artigos