Antonio Docampo García, nado na Coruña en 1929 e finado na mesma cidade o 26 de xaneiro de 2017,[1] foi un cineasta galego.
Traxectoria
Foi o cámara de El andamio dirixida por Rogelio Amigo, unha historia sobre o ambiente obreiro galego na posguerra, premiada no Festival de San Sebastián en 1958. Tamén é autor de He matado a un hombre (1965), Mano Izquierda, La Gaita Gallega, Así es Galicia, El Gas, Botadura del 'Butrón' (1973) e Lalín, capital do Deza (1987).
Recoñecementos
Recibiu a medalla da Academia Galega de Belas Artes en 1999.
Vida persoal
Casou con María Dolores Arias Longueira e foi pai de Patricia e Marta Docampo Arias.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas