Participou en diversas campañas en Filipinas (1897), onde obtivo varias distincións e conseguiu o ascenso a capitán e, posteriormente, no Protectorado españo, de Marrocos: Melilla (1911), Ceuta-Tetuán (1913-15) e Larache (1922).[1] En 1919, foi declarado apto para ascender a xeneral de brigada.[2]
Antonio Dabán padecía unha neurastenia agravada pola depresión en 1924 como consecuencia da morte da súa muller, polo que en 1925, a piques de contrae-lo seu segundo matrimonio cunha irmá da falecida, quitouse a vida cun disparo que entrou pola tempa dereita e saíu pola orella esquerda.[1] Tiña once fillos.