Antonio Castro García, nado en Ordes en 1925 e finado en Santiago de Compostela o 9 de outubro de 2011,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como avogado na cidade de Santiago. Vencellado ás cúpulas dirixentes locais durante o franquismo, foi membro do consello local do Movemento Nacional, e concelleiro compostelán polo terzo familiar. En xaneiro de 1974 foi designado alcalde de Santiago[2], posto no que permaneceu ata a chegada das primeiras eleccións municipais democráticas, en 1979. Baixo o seu mandato foi derrubado o Edificio Castromil, estando nunha posición favorable á súa desaparición. Militante primeiro de Alianza Popular e logo do Partido Popular, foi tamén director xeral de Xustiza na Xunta de Galicia.
Relacionado tamén co deporte santiagués, foi presidente do Obradoiro CAB e do club local de tiro olímpico, así como membro do consello de administración de El Correo Gallego, do que foi nomeado presidente de honra.
Galardóns
Vida persoal
Casou con Filomena Carballal e foi pai de Antonio, Teresa e María José Castro Carballal.
Notas