Antoine Camille Diot, nado o 17 de xaneiro de 1989 en Bourg-en-Bresse, é un xogador profesional de baloncesto francés que xoga para o ASVEL Basket da LNB Pro A. Cunha altura de 1,93 metros pode xogar nas posicións de base e escolta.
Traxectoria profesional
O 10 de xuño de 2015, Diot asinou un contrato por dous anos co Valencia Basket da Liga ACB.[1] Na tempada 2016-17, conseguiu o título da ACB co Valencia. O 5 de xullo de 2017, Diot e o Valencia chegaron a un acordo para renovar o seu contrato outros dous anos.[2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas