Pero tamén son antipiréticos algúns procedementos físicos, como a aplicación de panos mollados con auga fría sobre o corpo do enfermo, ou os baños deste en auga morna.
Sinónimos
Os antipiréticos coñécense tamén polos nomes de antitérmico,[1][2]antifebril,[2] e febrífugo.[1][2]
Etimoloxías
Antipirético
O termo antipirético está formado polo elemento do grego antigo ἀντι- anti-, que significa "contra", e o adxectivo πυρετικός pyretikós, que significa "febril", "con febre",[3] derivado de πυρετός pyretós, "ardor", "febre",[4] á súa vez tirado de πῡρ πυρός pỹr pyrós, "lume", "fogo".[5]
Antitérmico
Así mesmo, antitérmico combina o mesmo primeiro elemento anti- co substantivo do grego antigo θέρμη thermē, "calor", "ardor" (especialmente "ardor febril"), e o elemento ´-ico, formador de adxectivos.[6]
Antifebril
O sinónimo antifebril é de orixe latina, compoñéndose co elemento anti-, calco de grego, e o termo do latín medievalfebrilis, "relativo ou pertencente á febre", derivado do latín clásicofebris, is, "febre".[7]
Febrífugo
Finalmente, febrífugo orixinouse contra 1680 en Francia, baixo a forma francesafébrifuge, literalmente "que escorrenta a febre", "que fai fuxir á febre", termo derivado do latínfebris, "febre", e fugare, "fuxir".[8]
Usos
Os medios físicos son, como quedou dito, unha medida antipirética na que non se empregan fármacos. Pero asociados ao paracetamol baixan a febre de forma máis eficiente. As medidas físicas de forma illada só son eficaces durante poucos minutos.
A administración de antipiréticos é un acto habitual na maioría das persoas que teñen febre, sobre todo os nenos. Sábese que a febre é un mecanismo de defensa do corpo, sobre todo para activar o sistema inmunitario para que traballe con máis eficacia.
O aumento da temperatura corporal até os 38 °C chámase febrícula,[9][10] e non é unha febre perigosa que deba ser diminuída con medicación. Débese abordar a enfermidade de fondo, pero debido aos hábitos adquiridos pola poboación e pola comunidade médica, prescríbense e adminístranse antipiréticos máis por ansiedade dos pais e non porque realmente sexan indicados.
A decisión de que antipirético utilizar en cada caso debe fundamentarse no seu mecanismo de acción, farmacodinamia, efectividade e efectos secundarios. Como a maioría das veces o obxectivo é diminuír a temperatura e as molestias do enfermo e, no posíbel, non alterar a resposta inflamatoria, excepto nos casos en que esta sexa exaxerada, recoméndase o paracetamol.
↑Beekes, Robert (2009): Etymological Dictionary of Greek. Volume 10 do
Leiden Indo-European Etymological Dictionary Series (Editor: Alexander Lubotsky). Leyden/Boston: Brill. ISBN 978-90-0417-418-4.
↑πυρετός en Henry George Liddell & Robert Scott, A Greek-English Lexicon,