Antía Muíño, nada en Santiago de Compostela,[1] é unha cantautora e guitarrista galega. O seu estilo vai dende a canción de autor, a música tradicional galega, o jazz ou a bossa nova.[2] En 2020 publicou o seu primeiro sinxelo "Carta Aberta" e dous anos máis tarde o seu primeiro álbum, tamén titulado Carta Aberta.[3][4] As súas cancións suman máis de dous millóns de reproducións só en Spotify.[5][6]
Álbums
Recoñecementos
O 5 de outubro de 2022 foi galardoada na IX edición dos Premios Martín Códax da Música como mellor Artista Emerxente.[7]
Con Carta Aberta, converteuse en embaixadora de EQUAL España para Spotify, estando presente no billboard de Times Square en Nova York.[8]
Notas