Antón Cancelas Padín, nado en Vigo en 1955, e finado ibídem o 9 de xaneiro de 2021,[1] foi un actor de dobraxe galego.
Traxectoria
Comezou a traballar en dobraxe en 1986,[1] nos inicios da TVG, e foi a voz de J.R. na serie de televisión Dallas, sendo esta a primeira serie que emitiu a canle na súa historia.[2] Ao longo dunha carreira de máis de 30 anos puxo a voz en galego de numerosos personaxes de cinema e televisión, sendo a voz habitual de Clint Eastwood, Jack Nicholson, Arnold Schwarzenegger ou Anthony Hopkins, e traballou na dobraxe da saga de Harry Potter ou As bólas máxicas.[3]
A frase A rañala, raparigo[4][5] pronunciada por Cancelas en Terminator 2: O xuízo final nunha escena na que Terminator acaba co T-1000, está considerada como a frase máis popular da historia da dobraxe en galego da TVG.[6] Na versión orixinal (inglés) a frase é: Hasta la vista, baby.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas