Anohni and the Johnsons (anteriormente coñecida como Antony and the Johnsons) é un colectivo musical estadounidense de chamber pop formado en Nova York en 1995. Presentando o traballo da cantautora inglesa Anohni e os seus colaboradores, a banda lanzou o seu álbum debut homónimo en 2000. O seu segundo álbum, I Am a Bird Now de 2005, foi certificado ouro no Reino Unido, Suecia e Suíza, e tamén fixo que a banda gañase o Mercury Prize dese ano.
Tras o lanzamento de The Crying Light (2009) e Swanlights (2010), así como do álbum ao vivo Cut the World (2012), o proxecto desfíxose en 2015 despois dunha serie de concertos en Australia. Anohni comezou entón unha carreira en solitario, publicando o seu álbum de estrea o seguinte ano. O proxecto foi resucitado en 2023, lanzando a banda o seu quinto álbum de estudio, My Back Was a Bridge for You to Cross, en xullo dese ano.
Anohni and the Johnsons recibiron unha considerable aclamación da crítica ademais do seu éxito nas listas e a obtención de múltiples premios. Gran parte do foco estivo na voz única de Anohni, que foi comparada con artistas como Nina Simone, Brian Ferry e Jimmy Scott.[1] Como intérprete, The Guardian describiu a Anohni como "dotada cunha voz de vibrato, pensen en Nina Simone e Billie Holiday, que suspira con sinceridade e a destreza lírica para facer o profundamente persoal accesible e ambiguo".[2]
Discografía
Álbums
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas