Animals é o décimo álbum de estudio da banda inglesa de rock progresivo Pink Floyd, editado o 23 de xaneiro de 1977[1] polos selos Harvest Records e Columbia Records. Trátase dun álbum conceptual que ofrece unha crítica mordaz das condicións socio-políticas do Reino Unido dos anos 70, e presenta un marcado cambio no seu estilo musical con respecto ao seu anterior traballo. Animals foi gravado no estudio do grupo, Britannia Row, pero a súa produción foi interrompida tras os primeiros síntomas de discordia que anos máis tarde rematarían coa saída do teclista Richard Wright do grupo. A imaxe da portada, un porco flotando entre dúas chemineas da central termoeléctrica de Battersea, foi concibida polo baixista Roger Waters, e fotografiada polos seus colaboradores Hipgnosis.
O álbum foi publicado con boas críticas no Reino Unido, onde acadou o número 2 das listas. Tamén foi un éxito nos Estados Unidos, sendo número 3 na Billboard 200, e aínda que só estivo nas listas do país durante 6 meses, as súas vendas continuas levaron á súa certificación por parte da RIAA de catro discos de platino.
Listaxe de cancións
Todas as letras escritas por Roger Waters.
- ↑ "Pink Floyd". www.pinkfloyd.com. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2020. Consultado o 2024-08-02.