Angles

Angles
Álbum de The Strokes
Publicado18 de marzo de 2011
Gravaciónxaneiro - maio do 2005
Duración34:09
Xénero(s)garage rock, post-punk revival
Selo(s)RCA
ProdutorDavid Kahne, Gordon Raphael
Cronoloxía
First Impressions of Earth Angles Comedown Machine
Na rede
Spotify: 6Jx4cGhWHewTcfKDJKguBQ Discogs: 319839 Allmusic: mw0002107781 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Angles é o cuarto álbum da banda de garage rock estadounidense The Strokes. Foi publicado o 18 de marzo de 2011.

Estilo musical

Inspirado en parte por bandas como MGMT, Arctic Monkeys, e Crystal Castles; The Strokes decidiu experimentar con diversas técnicas de produción nas que non faltaron as mostras electrónicas e os teclados MIDI Farfisa, o overdubbed de máis guitarras, e Casablancas xogando con capas vocais. O baixista Nikolai Fraiture revelou que o álbum sería "un retorno ao básico", o que suxeriu que as cancións serían de estilo semellante ao seu aclamado debut en 2001, Is This It. "Musicalmente, sinto que o álbum debería estar entre Room on Fire e First Impressions of Earth", afirmou. Rolling Stone eloxiou Angles, dicindo: "é o mellor álbum desde Is This It ". No mesmo artigo, Hammond explica o título do álbum, dicindo "É como soa o disco. Provén de cinco persoas diferentes".

Promoción

Angles foi lanzado o 18 de marzo mundialmente coa súa respectiva xira. O seu primeiro single foi "Under Cover of Darkness" que foi publicado o 9 de febreiro na súa páxina oficial da banda como descarga gratuíta do 9 ao 11 e despois o 11 como descarga por itunes Store. O 4 de marzo foi publicado oficialmente o vídeo de "Under Cover of Darkness". A súa segunda canción foi "You're So Right", publicada o 2 de marzo como o B-side de "Under Cover Of Darkness".

Alén diso, foron publicados tres vídeos de como foi feito o seu novo disco Angles. O 14 de marzo The Strokes publica na súa páxina web o seu nuevo álbum completo para escoitar até o lanzamento oficial do disco.

Comercial

Angles entrou nos charts dos álbums da Australia no #1. Alcanzou o posto #4 nos EUA. cunha semana de entrada de vendas de 89 000 unidades, 1.000 máis co do seu predecesor, First Impressions of Earth.

Recepción

A resposta dos medios de comunicación de Angles foron maiormente favorables. Na súa revisión de catro estrelas, David Fricke da Rolling Stone resumiuno como "o primeiro paso para se afastar do son do seu debut nun clásico instantáneo. No canto da pureza do ríxido 'Is This It ', o novo álbum recorda ao son máis expansivo de 1970 de The Velvet Underground no seu disco Loaded. Amanda Petrusich da Entertainment Weekly deulle ao álbum un B-, e describiuno como "consecuencia fracturada e incomprensible a miúdo, mais non se volve a formar".

Lista de temas

  1. "Machu Picchu" - 3:29 (Julian Casablancas, Nick Valensi)
  2. "Under Cover of Darkness" - 3:55 (Julian Casablancas, Albert Hammond, Jr., Fabrizio Moretti, Nick Valensi)
  3. "Two Kinds of Happiness" - 3:42(Julian Casablancas)
  4. "You're So Right" - 2:33 (Julian Casablancas, Nikolai Fraiture)
  5. "Taken for a Fool" - 3:23 (Julian Casablancas, Fabrizio Moretti, Nick Valensi)
  6. "Games" - 3:51 (Julian Casablancas, Albert Hammond, Jr., Nick Valensi)
  7. "Call Me Back" - 3:02 (Julian Casablancas, Nick Valensi)
  8. "Gratisfaction" - 2:59 (Julian Casablancas, Fabrizio Moretti, Nick Valensi)
  9. "Metabolism" - 3:00 (Julian Casablancas, Fabrizio Moretti, Nick Valensi)
  10. "Life Is Simple in the Moonlight" - 4:15 (Julian Casablancas)

Persoal