The New Abnormal é o sexto álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock The Strokes, publicado o 10 de abril de 2020 a través dos selos Cult e RCA Records. Trátase do seu primeiro disco dende Comedown Machine (2013), foi producido por Rick Rubin e gravouse no seu estudio Shangri-La en Malibu, California, con gravacións adicionais realizadas en estudios do condado dos Ánxeles e Hawaii. The Strokes comezaron a interpretar temas do álbum a través do ano 2019 antes de revelar a listaxe de cancións do disco e a súa portada a principios de 2020. "At the Door", "Bad Decisions", e "Brooklyn Bridge to Chorus" publicáronse como sinxelos antes do lanzamento do álbum, con "The Adults Are Talking" sendo lanzado para a radio meses despois.
The New Abnormal tivo recensións moi positivas dos críticos, moitos dos cales considerárono un regreso aos bos tempos da banda. As loanzas dirixíronse particularmente cara a madurez das letras do vocalista Julian Casablancas, así como cara a maior cohesión musical da banda. O álbum chegou ao número 1 en Escocia[1] e ao top 10 noutros seis países, incluídos os Estados Unidos e o Reino Unido. Tamén gañou o premio Grammy ao mellor álbum de rock en 2021,[2] sendo o seu primeiro nomeamento e primeira vitoria.
Listaxe de cancións
Todas as letras escritas por Julian Casablancas, toda a música composta por The Strokes, agás onde se indique.
Notas