Anel esclerótico

O anel esclerótico é o anel de óso que se encontra nos ollos de varios grupos de animais vertebrados, agás en mamíferos e crocodilianos.[1] Estes aneis poden estar compostos dun único óso ou de varios óso pequenos xuntos.[2] Crese que os aneis escleróticos cumpren un papel de soporte do ollo, especialmente en animais cuxos ollos non son esféricos, ou que viven debaixo da auga.[1] O anel esclerótico é resultado da osificación da parte anterior da cartilaxe esclerótica formada a partir das cápsulas ópticas embrionarias.[3]

Coñécense aneis escleróticos fósiles de gran variedade de animais extintos, como os ictiosauros, pterosauros e dinosauros,[4] aínda que frecuentemente non quedan preservados.

Galería de imaxes

Notas

  1. 1,0 1,1 Motani, Ryosuke. "Eyes". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2018. Consultado o 6 de xullo de 2007. 
  2. "Palaeos Vertebrates: Glossary S". Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2007. Consultado o 6 de xullo de 2007. 
  3. Hyman, Libbie Henrietta (1992). Hyman's Comparative vertebrate anatomy. University Chicago Press. ISBN 0-226-87013-8. OCLC 473921332. Consultado o 5 de xuño de 2020. 
  4. Pigdon, Dann. "Re: Sclerotic ring in eyes". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2018. Consultado o 6 de xullo de 2007. 
  5. http://www.nhm.ac.uk/nature-online/species-of-the-day/evolution/ophthalmosaurus%20icenicus/eyes/index.html