Aínda que máis pequeno que outros dromeosáuridos tiña moitos trazos anatómicos similares a eles. Foi un carnívorobípede, cunha cola longa e ríxida, e tres garras, unha alargada e curva en cada pata, a cal usaba para matar ás súas presas. A diferenza doutros posuía un cranio baixo e alargado, e un fociño chato, dirixido cara a arriba. Posuía patas traseiras de gran lonxitude, o que parece supor unha gran velocidade.
Debido á súa destacada aparición na novela de Michael CrichtonParque Xurásico, o Velociraptor (comunmente alcumado "raptor") é un dos xéneros de dinosauros máis coñecidos polo público xeral. Tamén é ben coñecido polos paleontólogos, con non menos dunha ducia de esqueletos fósiles recobrados, a maior cantidade descuberta dun dromeosáurido. Unha imaxe particularmente famosa é a que mostra un Velociraptor enleado nunha batalla cun Protoceratops.
Filoxenia
O seguinte cladograma segue unha análise de 2009 realizada por Longrich e Currie.[1]
A continuación, amósanse os resultados da filoxenia de Eudromaeosauria baseado na análise filoxenético realizada por James G. Napoli e o seu equipo en 2021 durante a descrición de Kuru, que mostra a posición de Velociraptor.[2]