San Xurxo manifesta un carácter solidario e altruista[2], cun marcado compromiso e ansia activista nas súas redes sociais coa loita de clases[3][4], a liberdade das mulleres e da comunidade LGBT+, polos dereitos dos animais[5] e a defensa da lingua galega[6]. Valores que se reflicten tamén na súa labor humanitaria e antiespecista en voluntariados internacionais.[7]
Traxectoria
Comezou a escribir dende moi pequena, incluso antes de saber ler, cando a súa irmán lle soletreaba as palabras que ela lle pedía. Gañou o seu primeiro certame literario aos 13 anos[8], mentres cursaba 1º da ESO no IES da Pobra do Caramiñal. A autora prioriza o uso do galego na súa escrita, se ben conta con pezas na lingua cervantina como "Agoniza la muerte"[9], poema co que venceu na súa categoría no XXIV Concurso Nacional de Poesía Joven Juegos Florales del Campo de Cartagena no 2018[10].
Nos seguintes anos continuou acadando numerosos galardóns e desenvolvendo o seu estilo persoal. Entre estes, destaca a súa vitoria por catro anos consecutivos no Certame Escolar de Poesía Rosalía de Castro (edicións IV, V, VI e VII), amosando unha relación de proximidade coa Fundación Rosalía de Castro, e optando a participar no 2019 nas xornadas "Abre a Fiestra" con motivo de celebrar o 134º cabodano da autora do Rexurdimento[11]. Foi aquí onde realizou unha performance poética co tamén poeta Fabián Niño Hernández. Ademais, no I Certame de Poesía Torre de Caldaloba compartiu podio co veterano escritor Xesús Rábade Paredes[12].
Andy da Fonte foi gañadora por tres anos do Concurso de Poesía Asociación Cultural Albariza de Artes (edicións V, VI e VII), o cal lle abriría as portas a publicar o seu primeiro poemario Memorias dunha estrela sen luz (2021)[13], por iniciativa do Concello de Ribeira que financiaría o proxecto[14].
Actualmente, estuda Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela e frecuenta os periódicos recitais e micros abertos celebrados no Modus Vivendi, local nocturno histórico da zona vella compostelá, onde entablou unha profunda amizade coa veterana poeta e activista política Luz Fandiño. La Voz de Galicia presenta a Andy como "o futuro da poesía d'O Barbanza e de Galicia"[1][15]. Mesmo personalidades do ámbito coma Xosé Luís Méndez Ferrín, afirman que Andy da Fonte é unha digna continuadora de Rosalía[16].
↑"Poemario en galego e feminista". El Correo Gallego. Consultado o 16/03/2021. Foi o propio alcalde deste municipio, Manuel Ruiz Rivas, quen a animou a presentar un poemario.
↑"IV e V Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro❤️". Blogue de Andy da Fonte. Consultado o 14/03/2021. No acto do 15 de xullo do 2016 tiven a sorte de contar coa compañía do importante persoeiro Xosé Luís Méndez Ferrín que me adicou as belas palabras que podedes ver máis arriba.