O Certame de poesía Torre de Caldaloba é un certame de poesía convocado polo Concello de Cospeito e a Asociación Recreativa e Cultural de San Martiño de Pino dende o ano 2018 para poñer en valor a Torre de Caldaloba.[1]
Historia e características
Iniciado en 2018. Nas primeiras edicións contaba con dúas categorías: adultos e menores de 18 anos.
Gañadores
Ano |
1º Premio |
2º Premio
|
2018: I edición |
Xesús Rábade Paredes, por Caldaloba en terras de Valverde |
Paulino Peña, por Na pel das árbores do vento
|
2019: II edición |
Xurxo Alonso, por Hora de penumbra |
Iria Collazo, por De casa queimada
|
2020: III edición |
Patricia Torrado Queiruga, por Herdar a fala |
Abraham Pérez, por unha teoría para os espectros
|
2021: IV edición |
Andrea Fernández Maneiro, por Contra-tempos |
Rafa Lobelle, por Da carne
|
2022: V edición |
Maurizio Polsinelli, por Cartografía dos tránsitos |
Mercedes Rodríguez Bolaño, por Caeiro
|
2023: VI edición |
Xurxo Alonso, por Non deixedes na mesa nin leite nin pan |
Paulino Peña, por Vaira e Cristal
|
2024: VII edición |
Francisco Fernández Davila, por Albatros |
Amauta Castro, por A vasteza do nó
|
Notas