André Gaboriaud, nado en Gémozac o 1 de maio de 1895 e finado en Meschers-sur-Gironde o 23 de novembro de 1969, foi un tirador de esgrima francés, gañador dunha medalla olímpica.
Traxectoria
André Gaboriaud participou nos Xogos Olímpicos de 1928 de Ámsterdan en florete, nos que o equipo francés foi segundo, logrando a medalla de prata.