Andrew Wood, nado o 8 de xaneiro de 1966 e finado o 19 de marzo de 1990, foi o cantante da banda Mother Love Bone e anteriormente de Malfunkshun. Morreu dunha sobredose de heroína cando tiña 24 anos, pouco antes da edición do álbum de debut de Mother Love Bone, Apple. Despois da súa morte, integrantes de Soundgarden e futuros membros de Pearl Jam crearon a banda Temple of the Dog para editar un disco como homenaxe.