Andrew Divoff
Andrew Daniel Divoff (en ruso: Андрей Дивов), nado o 2 de xullo de 1955 en El Tigre, Anzoátegui, é un actor venezolano de cinema e televisión.
Biografía
O seu pai é ruso e a súa nai venezolana.[1] Actualmente reside en Estados Unidos. Divoff pode falar oito linguas diferentes: inglés, castelán, italiano, francés, alemán, catalán (viviu en Cataluña entre 1973 e 1977),[2] portugués e ruso. En ocasións fala romanés, pero esquécese do idioma cando non ten con quen falalo.[3] Divoff casou coa actriz rusa Raissa Danilova, da que está actualmente divorciado.[4]
Traxectoria
É coñecido internacionalmente por interpretar a Djinn no filme Wishmaster e a Cherry Ganz en 48 horas máis. Tamén fixo de Boris Bazylev en Air Force One, a Ivan Sarnoff in CSI: Miami e de Mikhail Bakunin en Lost.
Filmografía
Películas
- The Hunt for Red October (como Foxtrot Weapons Officer), 1990
- 48 horas máis (como Cherry Ganz), 1990
- Graveyard Shift (como Danson), 1990
- Toy Soldiers (como Luis Cali), 1991
- Interceptor (como Capt. Winfield), 1992
- A Low Down Dirty Shame (como Mendoza), 1994
- Magic Island (voz de Blackbeard), 1995
- Deadly Voyage (como Romachenko), 1996
- Air Force One (como Boris Bazylev), 1997
- Wishmaster (como Djinn/Nathaniel Demerest), 1997
- Wishmaster 2: Evil Never Dies (como Djinn/Nathaniel Demerest), 1999
- Captured (como Robert Breed), 1999
- Faust: Love of the Damned (como M), 2001
- Blue Hill Avenue (como Detective Tyler), 2001
- Knight Club, 2003
- The Rage (como Dr. Viktor Vasilienko), 2007
- Indiana Jones and the Kingdom of the Crystal Skull, 2008
Televisión
- The A-Team (nos episodios "Firing Line" e "Dishpan Man"), 1986
- Highlander: The Series (no episodio "A Bad Day in Building A" como Bryan Slade e "Little Tin God" como Gavriel Larca), 1992 e 1996
- Alias tempada 4, 2005
- The Unit tempada 1, 2006
- Lost (nos episodios "The Cost of Living", "Enter 77", "Par Avion", "One of Us", "D.O.C.", "The Man Behind the Curtain", "Through the Looking Glass" e "The Package" como Mikhail Bakunin), 2006-2007
- Burn Notice (no episodio "Comrades" como Ivan)
Videoxogos
Notas
Véxase tamén
|
|