Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: André (homónimos).
André[1][2][3] é un nome propiomasculinogalego. A súa orixe é o grego ανήρ (anēr), xenitivo ανδρός (andrós), que indica o home como oposto da muller (mentres que home na súa acepción de humano é άνθρωπος, ánthropos, ανθρώπου, anthrópou); ανήρ pode estar ligado coa raíz indoeuropeaner que significa home, forza vital.[4] Pode entenderse o seu significado coma home forte, viril e bravo. En galego tamén ten as variantes Arandel, Andreu e Andel, e os hipocorísticosNes, Neso e Necho.[2]
En xaneiro de 2023 existían 1.070 varóns en Galicia co nome André, cunha media de idade de 14,1 anos.[5]
O nome en Galiza
O nome de André foi moi común en Galiza, infinidade de parroquias teñen a Santo André como padroeiro, e até 10 levan incluído no nome da aldea Santo André (ás veces pronunciado santandré).
A forma galega do nome, André, coincidente coa portuguesa e a francesa, foi desprazada en gran parte pola castelá Andrés, con todo nos últimos anos estase a recuperar a forma propia en nenos.
O apelido André aparece nas catro provincias galegas, cun total de 429 persoas, sendo máis frecuente en Pontevedra e especialmente en Ourense, cunha porcentaxe de 0,23, a maior de toda España.[6]
A forma na que coñecemos o nome André, en grego é Andreas, que atopamos xa nunha das historias de Heródoto. É, polo tanto, un nome que en tempos de Xesús levaba xa a usarse máis de 500 anos, como o de Filipe ("aquel que ama os cabalos"), o outro discípulo con nome grego. É da familia léxica de "anhr" (anér), que significa "home valoroso" ou "viril", e de andreia (andréia), que significa "valentía" pola súa proximidade aos valores masculinos.
As orixes deste nome remóntanse á antiga Grecia, onde os loiadores calificaban de "andré" aos gañadores. Entendendo así por este termo un cualificativo cunha carga emotiva importante, razón pola que levar a cabo unha revolución uníndose varios "andrés" e agrupándose baixo o pseudónimo de 'Andreanos', cuxo berro de guerra característico ao comezaren cada batalla era "Andreano a morrer!"
Segundo a tradición cristiá Santo André é un dos doce apóstolos de Xesús, cuxo nome figura nas enumeracións que os catro Evanxeos fan dos apóstolos. Era irmán de Pedro, o primeiro dos apóstolos, ao que Xesús encomendaría a misión de rexer a Igrexa.
De acordo con dita tradición, procedía de Betsaida e era un modesto pescador no lago de Xenezaret. Moraba en Cafarnaum, par de Pedro e maila dona deste. Escoitaba con interese as predicacións de Xoán o Bautista, cando este anunciou aos que acodían a se bautizar, que el non era ninguén, que non era digno nin de desagulletar as fitas das sandalias de Xesús. Encarreirouse, logo, cara a el. André escoitou a Xesús durante horas e quedou conturbvdo. Contoullo a seu irmán Pedro e conduciuno até Xesús. Un día atopounos aos dous a pescar e díxolles: "Seguídeme, que eu vos farei pescadores de homes". E dende aquela rexeitaron canto tiñan e se dedicaron a axudar a Xesús na súa misión evanxelizadora.
Trala morte de Xesús, logo de ter evanxelizado André os escitas e os colonos gregos de Heraclea, Sinop e Trebisonda, tornou a Xerusalén, onde sufriu martirio nunha cruz en forma de aspa, que pasaría a se chamar a "Cruz de Santo André". Isto tería ocorrido polo ano 95 da nosa era, e o seu corpo foi trasladado a Constantinopla o ano 357.
O nome de Santo André proliferou extraordinariamente na xeografía. En Galiza é un topónimo frecuente, levándoo 10 parroquias e 18 lugares ou aldeas como nome, ademais de ser patrón de moitas outras. Un dos santuarios desta advocación máis famoso é o de Santo André de Teixido, no concello coruñés de Cedeira, onde se mesturan lendas cristiás e pagás.
Tsares de Rusia André I Bogolyubsky, primeiro Gran Príncipe de Vladimir (1168-1174). André II, oitavo Gran Príncipe de Vladimir (1249-1252). André III, décimo terceiro Gran Príncipe de Vladimir (1294 - 1304).
Outras personalidades
Galegos
André de Iria, (século VI), primeiro bispo galego da diocese de Iria documentado.
André Pena Graña, Ferrol, 1955, é un historiador contemporáneo galego especializado en investigacións sobre a cultura céltica.
Eloy Luís André, Verín, 1878, foi un filósofo e psicólogo galego.
Outras personalidades
Nomes en diferentes linguas: André, Andrés, Andreu, Andrew, Andrei...
Andrés de Santa Cruz, militar e político boliviano, foi Presidente do Perú (1827), Presidente de Bolivia (1829-1839) e Supremo Protector da Confederación Perú-Boliviana (1836-1839).