Andijon foi unha importante parada na ruta da seda, a medio camiño entre Kashgar e Khodjend. É o lugar de nacemento de Zahiruddin Babur, o fundador da dinastía mongol da India, en 1483. Rusia tomou a cidade en 1876, durante a campaña que o Xeneral Slobelev efectou para suprimir unha insurrección contra o Khan de Kokand. En 1898 a rexión de Andijon sublevouse contra Rusia, a gornición rusa da cidade conseguiu sufocala con moi poucas baixas. En 1902 un terremoto derrubou a maioría dos edificios da cidade.
Economía
Andijon é un centro industrial nunha área de regadío que produce froitas, algodón e seda.