Ana María Viñas Díaz, nada en 1966, é unha bióloga galega.
Traxectoria
Doutora en Bioloxía,[1] e profesora titular de Xenética da facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela.[2]
O seu labor como investigadora céntrase na análise dos mecanismos de determinación e diferenciación sexual no rodaballo.[2]
Interésanlle tanto a caracterización dos xenes implicados nestes procesos como a análise da conservación das rexións xenómicas nas que estes xenes se localizan noutras especies de peixes. O estudo deste carácter produtivo tan relevante en peixes, abórdase globalmente integrando análises de mapeo xenético e físico, citoxenómica, análises de expresión xénica e de xenómica comparada.[2]
A doutora Viñas foi unha das coordinadoras do Dicionario de Bioloxía galego-castelán-inglés.[3]
Notas