Segundo os Evanxeos apócrifos de Santiago e Pseudo-Mateo, un anxo visitou a Ana e o seu home, Xoaquín, despois de anos de infertilidade, para lles anunciar que ían concibir un fillo. Ana prometeu dedicar o meniño ao servizo de Deus. Xoaquín e Ana levaron a María a vivir ao templo cando esta tiña tres anos.
A historia non foi aceptada pola Igrexa de Occidente ata o século XIII, mentres entre a Igrexa ortodoxa o culto a Santa Ana data do século VI. Nos séculos XIV e XV existía a crenza do nacemento virxinal de Ana, denegada como erro polo Vaticano en 1677.
"Xesucristo tivo madre e non tivo padre. Santa Ana tivo padre e non tivo madre. Que como foi? Pois Santa Ana era filla dun hortelán que xa era santo e estando un día nun xardín coméu unha mazá das que había, e coa navalla con que a cortara, pois limpouna nunha perna, despóis de cortala, e de alí a pouco sintéu un timorciño alí na perna, andando alí cos dedos, e tivo aquil tumor nove meses, e de alí ós nove meses desapareceulle. Mais despóis viu unha neniña moi bonita no xardín, e il iba atrás dela, mais ela botaba a correr e desaparecía. E tivo un soño que lle decían que a chamase e que lle dixera: "Hija mía ven acá". E que logo había vir, e que a tivera por a súa filla. E foi Santa Ana."
Vicente Risco
Na cultura popular
Dixo doña Ana: terás sempre tela se non matas a raña.
Por terras de Verín, corre este dito que nomea así as sete semanas coa Coresma: Ana, Vagana [1],/ Rabeque, Susana,/ Lázaro, Ramos,/ en Pascua estamos.