America's Next Top Model é un programa de telerrealidade da televisión estadounidense que consiste nunha competición na que se elixe unha muller á que lle dan unha oportunidade para comezar unha carreira como modelo profesional por medio de contratos publicitarios e aparición en revistas de moda. Tyra Banks, antiga modelo, é a creadora, xuíz principal e presentadora do programa, tamén é a produtora xunto con Ken Mok e Anthony Dominici. A primeira edición, denominada ciclo, comezou o 20 de maio de 2003 na United Paramount Network, converténdose nun dos seus programas máis vistos, desde 2006 emítese na súa sucesora, The CW Television Network, onde é con diferenza o programa máis visto.