Profesora Asociada (T3-P6) da Universidade de Vigo desde 1995 no Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía impartindo docencia na Facultade de Ciencias da Educación de Pontevedra e no POP de Xénero da Universidade de Vigo no módulo de Políticas de Igualdade. Participou no Proxecto de Adaptación ao EEES da titulación de Educación Infantil ACSUG Universidade de Vigo.
Políticas de igualdade
Durante anos participou en numerosas actividades de divulgación, formación, investigación e asesoramento no campo da socioloxía do xénero, especialmente nas que aplican a perspectiva de xénero á educación.[2] Nesta liña de traballo das políticas públicas de igualdade pódese sinalar:[1]
Colaborou coa Concellería da Muller do Concello de Vigo na elaboración do I Plan de Igualdade das Mulleres de Vigo 1993-1997. 1993-1994 tamén en colaboración coa UVigo na Avaliación do I Plan para a Igualdade de Oportunidades e Trato das Mulleres de Vigo 1993-1997 e no II Plan de Igualdade de Oportunidades e Trato das Mulleres de Vigo. 2001.
Colaborou coa Concellaría da Muller do Concello de Redondela en políticas de igualdade no ámbito municipal.
Participou no proxecto EQUAL Conta con Elas: da incorporación da perspectiva de xénero.
Traballou para a Universidade de Vigo na realización da diagnose da igualdade.
Participou no proxecto de investigación da Cátedra Caixanova de Estudos Feministas: Expectativas e aspiracións educativas e profesionais das mulleres na Universidade de Vigo. Barreiras que as obstaculizan. E tamén: As actividades laborais e empresariais das mulleres no contexto das problemáticas do desenvolvemento local: unha aproximación desde o xénero e o territorio.
Participou en numerosos congresos e xornadas e impartiu cursos en diferentes institucións sobre a temática da igualdade e a violencia de xénero.
Actividade política
Comezou a súa militancia política como nacionalista no ensino medio, militando en ERGA desde 1974. Mentres vivía en Madrid integrouse na APG e foi fundadora da Asociación Cultural Irmandade Galega. Tras regresar a Galiza integrouse no POG, participando na formación de Esquerda Galega e posteriormente na formación do BNG. Na XI Asemblea da formación política pasou a formar parte do Consello Nacional.
"Género y territorio en el ayuntamiento de Vigo" en Género y espacio en la vida de las mujeres (1995). Revista del Instituto de la Mujer. UIMP de Santander.
As mulleres de Vigo hoxe. Avaliación do Primeiro Plan de Igualdade das mulleres de Vigo (1999). Con Bruna, C. e Varela, L.C oncellería da Muller do Concello de Vigo. Déposito legal: VG-507-1999.
II Plan municipal para a igualdade de oportunidades e de trato das mulleres de Vigo 2003-2004. Con Varela, L. Concellería da Muller do Concello de Vigo.[4]
Estereotipos de género y demandas educativas universitarias relacionadas con el deporte en Deporte y postmodernidad (2003). Con Benxamín Porto, e Abraham Domínguez. Investigación Social y Deporte nº 6. Madrid. ISBN:84-85977-89-0.
Adaptación de Materias ao Crédito Europeo na Titulación de Educación Infantil de Pontevedra. II fase do proxecto ACSUG. ISBN: 978-84-611- 8198-8.
II Plan municipal de igualdade das mulleres de Redondela 2006-2009 (2007). Con Varela, L. Concellería da Muller do Concello de Redondela. ISBN: 13:978-84-690-4864-1.
"As políticas de igualdade nos concellos" en A Socioloxía e os novos retos. (2007). Universidade da Coruña. Actas do IV Congreso Astur-Galaico de Socioloxía. ISBN: 978-84-9749-245-4.
"Aproximación a la realidad de las mujeres emprendedoras del sur de Galicia. Representaciones, trayectorias y estrategias". IX Congreso Español de Sociología. Poder, cultura y civilización (2007) Barcelona.
Informe de avaliación da integración da perspectiva de xénero no Proxecto Equal “Conta con elas”. Mancomunidade Área intermunicipal de Vigo. 2007
Informe de avaliación dos “Bancos do tempo” do Proxecto “Conta con elas”. Mancomunidade Área intermunicipal de Vigo. 2007
Titulación de Educación Infantil, Pontevedra: proxecto ACSUC : adaptación de materias ao crédito europeo (2007). Con Mriam Alvariñas Villaverde e Jorge Soto Carballo. Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, 95 pp.[5]
“Feminismo e sociedade laica” en Por umha sociedade laica. Polo nosso direito a decidir. MNG Mulleres Nacionalistas Galegas, Vigo 2008.
A representación feminina no Arquivo Pacheco (2010). Culturagalega.gal[6].[7]
Informe diagnose da igualdade na Universidade de Vigo (2010). Consello Social Universidade de Vigo.[8]
Informe sobre o machismo na universidade (2011). Andaina.[9]
ám@me. Pensar o amor no século XXI (2018). Con Chis Oliveira, Editorial Galaxia. 352 páxs. ISBN 978-84-9151-263-9.[10][11] Segundo a editora: ''é un libro que aborda da man de dúas das expertas que máís e mellor teñen traballado en Galicia as cuestións da sexualidade e a educación emocional na mocidade no noso país, a necesidade de reflexionar arredor das relacións amorosas e a aprendizaxe do amor'".[12]