Amada

Modelo:Xeografía físicaAmada
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
Parte deMonumentos Núbios de Abu Simbel a Filas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAssuão, Exipto (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 22°43′52″N 32°15′45″L / 22.7311, 32.2625
Características
Altitude173 m Editar o valor en Wikidata
Superficie105,96 ha Editar o valor en Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data1979 (3ª Sesión)
Identificador88-002

Amada foi unha antiga cidade de Exipto, situada na marxe oeste do río Nilo, na Baixa Nubia. O lugar anegouse polas augas do Lago Nasser cando construíuse o Encoro de Asuán. Neste enclave houbo un templo que reinstalouse uns 2,5 km máis ao norte, para salvalo das augas. O templo de Derr e a tumba de Penut, gobernador de Uauat na época de Ramsés VI (século XII a.C.), tamén tiveron que trasladarse ao mesmo lugar. Forma parte do Patrimonio Mundial desde 1979 baixo o nome de Monumentos de Nubia, desde Abu Simbel ata File.

O templo

O Templo de Amada é o templo exipcio máis antigo de Nubia. A construción comezou na época do faraón da XVIII dinastía Tutmosis III, e estivo dedicado a Amón e Ra-Horajti.[1] O seu fillo e sucesor, Amenofis II continuou o programa de decoración do edificio. O sucesor de Amenofis II, Tutmosis IV, decidiu cubrir a zona de entrada e transformala nunha sala hipóstila (con columnas).[2] Durante o período de Amarna, Akenatón ordenara borrar o nome de Amón de todo o templo, pero posteriormente restaurouse por Seti I da XIX dinastía de Exipto.[3] Varios reis da XIX dinastía, en particular Seti I e Ramsés II, tamén "realizaron pequenas restauracións e engadiron decoración ao templo".[4] Estelas dos vicerreis de Cuxe, Setau, Heqanakht e Messuy, e do visir Bay describen as súas actividades de construción baixo Ramsés II, Merenptah e Siptah respectivamente.[3]

Dentro do templo

Interior do Templo de Amada.

O plan de construción orixinal incluía un pilono, unha entrada e un pórtico que conducía a un santuario.[5] Porén, cando Tutmosis IV cubriu a entrada, os piares, e as paredes "estaban decoradas con escenas de ofrendas, incluíndo Tutmosis IV, á esquerda", e Tutmosis III e Amenofis II, á dereita, algúns dos baixorrelevos máis finos, con cores brillantes e vibrantes.[2]

Os mellores baixorrelevos atópanse na parte máis interna do templo onde se mostra a Tutmosis III e Amenofis II abrazando ou facendo ofrendas a varios deuses exipcios.[2] No lado esquerdo do vestíbulo móstrase a Amenofis II coroado por Horus e Tot e correndo cun remo e un hap (instrumento de navegación).[2] A capela a un lado do santuario contén algunhas escenas interesantes sobre a fundación e consagración do templo que representa o ritual de "estirar a corda", a cerimonia de facer e colocar bloques e a ofrenda do templo aos seus deuses.[2]

Inscricións

Tutmosis III ante os deuses Amón e Ra-Horajti, no templo de Amada.

No templo de Amada hai dúas inscricións históricas importantes. A máis antiga, datada do ano 3 do reinado de Amenofis II, "atópase nunha estela redondeada na parte superior e situada na parede traseira do santuario (ao leste).[6] O texto describe unha desapiadada campaña militar do faraón en Asia:

A súa Maxestade regresou gozoso ao seu pai Amón despois de matar coa súa propia maza a sete xefes no distrito de Takhesy (Siria) que máis tarde colgou boca abaixo na proa do barcoda súa Maxestade.[6]

Amenofis II segue describindo como colgou a seis dos xefes mortos "nos muros de Tebas" mentres que ao sétimo colgouno nos muros de Napata (unha cidade fronteiriza de Nubia preto da cuarta catarata do Nilo).[3] Isto fíxose como unha clara advertencia aos nubios, expostos ás perigosas consecuencias dunha rebelión durante o reinado de Amenhotep. O segundo texto histórico, "nunha estela gravada na xamba esquerda (norte) da porta da entrada", menciona o rexeitamento á invasión de Libia no 4º ano de Merenptah.[6]

O templo describíuse por viaxeiros antigos, aínda que a súa descrición publicouse por primeira vez por Henri Gauthier[7] en 1913.[8]

Entre 1964 e 1975, o templo trasladouse da súa localización a un novo lugar "uns 65 m. máis alto e 2,5 km. máis lonxe do seu sitio orixinal",[6] para evitar ser asulagado polo Lago Nasser debido ao proxecto do encoro de Asuán.[9] O Templo de Derr escavado na rocha tamén se trasladou ao novo sitio de Amada.[10]

Notas

  1. Oakes 2003, p. 204
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Oakes 2003, p. 204
  3. 3,0 3,1 3,2 Oakes 2003, p. 205
  4. Baines & Málek 1982, p.182
  5. Oakes, op.cit., p.204
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Baines & Málek, op. cit., p.182
  7. David 1993, p.104
  8. Gauthier 1913
  9. Hildreth, Craig (1999-2005). "The Amada Temple in Nubia". touregypt.net (en castelán). Archived from the original on 27 de setembro de 2006. Consultado o 15 de xaneiro de 2022. 
  10. Hobson 1993, p.177

Véxase tamén

Bibliografía

  • Baines, John; Málek, Jaromír (1980). Atlas of Ancient Egypt (en inglés). Nova York: Facts on File Publications. ISBN 9780871963345. 
  • David, Rosalie (1993). Discovering Ancient Egypt (en inglés). Nova York: Facts on File. ISBN 0-8160-3105-3. 
  • Gauthier, Henri , (Cairo 1913) (1913). Le temple d'Amada (en francés). O Cairo: Impr. de l'Institut français d'archéologie orientale. 
  • Hobson, Christine (1990). Exploring the World of the Pharaohs: A complete guide to Ancient Egypt (en inglés). Londres: Thames & Hudson. ISBN 978-0500275603. 
  • Oakes, Lorna (2003). Pyramids and Tombs of Ancient Egypt: An Illustrated Atlas of the Land of the Pharaohs (en inglés). Cambridgeshire: Hermes House. ISBN 9781846810886. 

Outros artigos

Ligazóns externas